Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado Venres, 4 de Febreiro de 2011, celebrouse reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do 061. Este é o noso resumo da reunión:

Lectura e aprobación de actas anteriores.

Apróbase por unanimidade a acta da última reunión.

Procedemento de agresións.

A dirección fai presentación do procedemento de actuación ante agresións. Está en proceso de borrador, e pendente da finalización dunha aplicación informática para o rexistro das agresións.  Expresamos  que debe contemplar as ameazas verbais, e as agresión a tódolos traballadores: asistenciais, coordinadores e non sanitarios.

A dirección informa que ademais da elaboración do protocolo estase traballando en outros temas relacionados como: revisión de protocolos internos, contactos coas forzas de orden público, contactos con consellerías vinculadas,  etc .

Expresamos a nosa intención de facer unha revisión con calma facer alegacións que consideremos oportunas.

Informe carga mental CCUS-061.

A dirección fai entrega do estudo da carga mental na Central de Coordinación. O Dirección fai unha presentación do estudio e das súas conclusión. Expresamos a nosa intención de facer unha revisión con calma. Enviarase copia do estudo ao persoal afectado despois de revisado polo comité.

Solicitase copia do estudo ergonómico das cadeiras da central. A Dirección entrega unha copia do devandito informe.

Estado das obras nos distintos centros de traballo da Fundación.

Estase facendo un proxecto para o resto da Central de Coordinación que falta por reformar. Das obras xa executadas, a dirección expersa que se está a traballar para que o sistema de climatización funcione segundo foi diseñado e no cambio do mecanismo de peche dos  caixóns para evitar aperturas casuais.

As obras que quedaban pendentes na nova base de  Ferrol  xa empezaron. Esperase que finalicen en 2 meses.

As obras  da nova base de  Mos, empezaron xa no Hospital do Rebullón. É un proxecto de acondicionamento, van pasar unha copia o comité.

As obras  da base de helicóptero de Ourense están  finalizadas e  base trasladada dende o 31 de xaneiro.

As obras  da base de A Coruña AM750 está finalizada e base trasladada dende mediados  decembro.

Vestiarios Central de Coordinación.

Un delegado de persoal solicita que  se habilite uns vestiarios e unha ducha cando se reforme os baños na reforma que faltan por facer. A dirección  informa que a necesidade duns vestiarios está condicionada ao uso de uniforme e a organización do traballo establecida é non usar uniformes, de todas formas a dirección expresa que na mesma planta xa existe unha ducha que se pode usar. Quedamos en revisar esa ducha para ver si está en condicións adecuadas de uso.

Uniformes e cascos de vo.

Un delegado de persoal pregunta se a empresa ten pensado inverter algunha partida para comprar algún tipo de uniforme para os médicos coordinadores para as noites. A dirección expresa que si un centro de traballo precisa usar uniforme, debe precisalo as 24 horas e para todo o persoal, e non crea que sexa o caso, polo que non entra nos seus plans a compra. Pero si hai un acordo entre os traballadores esta disposta a estudar implantar uniformidade na central.

A dirección informa que proximamente sairá publicado o concurso para a nova uniformidade. Mentres se resolve o concurso fíxose un pedido de roupa para cubrir as necesidade demandadas polos traballadores asistencias, que está en fabricación actualmente, en canto sexa entregado polo provedor as prendas serán repartidas aos traballadores.

Os cascos de voo foron reclamados tanto por escrito como tratados na reunións do CSS, sen que a día de hoxe se saiba que vai facer a empresa a este respecto. Preguntamos como esta este tema. O representantes da dirección contestan que non teñen novidades.

Seguimento de accidentes de traballo e enfermidades profesionais ano 2010.

A empresa presenta o informe de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do ano 2010.   

Rogos e preguntas.

Un delgeado de persoal solicita que se aumente o caudal de auga dos baños da central, xa que é escaso. Tamén solicita que se que cambien o xabón dos mesmos baños xa que esta provocando dermatisis.