Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

A C.I.G. ten convocada para o próximo 14 de Novembro FOLGA XERAL. O obxectivo da folga xeral é mostrar o rexeitamento da clase traballadora galega ás reformas en materia de lexislación laboral, políticas sociais e políticas económicas e orzamentarias:

Oposición á reforma da lexislación laboral, que provocou un retroceso sen precedentes nos dereitos dos traballadores e traballadoras, tanto no plano individual como no colectivo.

Oposición ás políticas antisociais, chamadas de austeridade, que poñen en perigo os fundamentos do Estado Social: educación, sanidade e servizos públicos.

Oposición ás medidas económicas e fiscais que están a agravar a crise, incrementando o desemprego, a pobreza e a exclusión social.

Toda a información sobre a FOLGA XERAL aquí.