Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Avisados de que o recoñecemento de novos trienios ao persoal eventual estaba paralizado no 061, puxémonos mans a obra.

A Certificación do recoñecemento de trienios ao persoal  interino i eventual era unha competencia das extintas Direccións Provinciais. Dende a entrada en vigor das Xerencias de Xestión Integrada, ala polo verán, no 061 non se lle están recoñecendo os trienios o persoal non fixo.

A razón quedan en RR.HH. do 061 é que nas Xerencias de Xestión Integradas din que non é competencia delas e a Dirección do 061 di que non ten autorización por escrito por parte do Sergas para firmalas aínda que pediu varias veces esa autorización.

Falamos tamén coa Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, que nos dixo que tiñan claro que non era competencia dela, e máis que, dende o seu punto de vista, o decreto de disolución da Dirección Provincias atribuía a dirección do 061 esas competencias.

Visto o cariz que estaba tomando o asunto, puxémonos en contacto co Sergas a través da Secretaria Xeral da CIG que enviou a seguinte carta a directora de RR.HH. do Sergas:

Bo día: unha vez desaparecida a Dirección Provincial da Coruña,  os Directores de FEGAS e 061 parece que non saben que facer, nin cales son as súas competencias; será prudente que se non saben que pregunten.

        O problema xurde co recoñecemento de trienios . Ao noso  entender o Decreto faculta aos Xerentes de Xestión integrada ou análogos; cando fala de análogos entendemos que deben ser os directores/as das fundacións. De non ser así, supoñemos que a Admón xa ten prevista a solución para este tema.

        Solicitamos que se resolva esta situación e se nos comunique, sobre todo as/os traballadoras/es quen está facultado ou ten competencias para emitir as devanditas certificacións.

        Con tanto directivo a Admón non debería ter este  baleiro  de competencias.

Agardando a vosa resposta.

Un saúdo.

A dirección de RR.HH. do Sergas contestou verbalmente onte que xa enviaron instrucións á dirección da FEGAS e ao 061 para que certifiquen o recoñecemento dos trienios. Esperamos que en datas próximas se emitan as certificacións de trienios pendentes. Estaremos atentos.

Gustaríanos ter tratado coa dirección do 061 este e moitos outros asuntos pendentes dende  a ultima xuntanza en Marzo de 2012, pero aínda que fai meses que temos solicitada unha reunión ao Equipo Directivo do 061, este non encontra un oco. Como fará o Xerente do CHUS para encontrar ocos na axenda, que xestionando mais de 5000 empregados, reúnese tódolos meses coa xunta de persoal?