Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O D.O.G. de hoxe publica: RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias.

Na que se aproba a relación provisional de solicitantes admitidas/os e excluídas/os nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de médica/o de familia, médica/o de urxencias hospitalarias, pediatra de atención primaria, médica/o coordinador do 061, médica/o asistencial do 061 e médica/o especialista en medicina do traballo.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Texto completo da resolución:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130204/AnuncioG0003-290113-0001_gl.html

Lista provisional admitidos e excluídos médico coordinador 061:

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91248

Lista provisional admitidos e excluídos médico asistencial 061:

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91249