Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 17 de Abril de 2013 celebrouse unha reunión entre os delegado de persoal e o equipo directivo co seguinte orde do día:

1.      Lectura e aprobación do acta anterior

2.      Constitución do Comité de Saúde laboral

3.      Estado actual das xefaturas de persoal sanitario e non sanitario

4.      Normativa interna para a aplicación de reducións de xornada na Central de Coordinación

5.      Trienios de persoal estatutario temporal

6.      Contratacións de persoal sanitario

7.      Situación actual do Programa Especial  do 061

8.      Calendario laboral da Central

9.      Programa de formación do persoal non sanitario

10.  Análise da situación do traslado das dependencias do 061 á Estrada

11.  Comisións de servizos

12.  Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Antes de comezar coa orde do día, o director fai unha introdución ao estado da fundación, segundo el: 

“Economicamente, no 2013 temos practicamente o mesmo presuposto, polo que non se prevén problemas de liquidez. Non será necesario facer axustes.

Fiscalización; nos últimos tempos a fundación sufriu dúas auditorías, das que saíu ben parada.

Como resultado destas auditorías, seguiremos sendo unha Fundación (non esta previsto transformación en axencia, nin absorción polo SERGAS), co mesmo modelo UVIs + regulación na CCUS.

Seguramente a CCUS asumirá proxectos non relacionados coas urxencias e emerxencias.

O director agradece o comportamento dos traballadores da fundación durante a folga de técnicos de transporte.”

Lectura e aprobación do acta anterior

Queda aprobada

Constitución do Comité de Saúde laboral

A dirección propón un único comité intercentros.

Explicamos que nunha reunión de delegados decidiuse que era máis efectivo crear un comité na área de Santiago e que no resto das areas os representantes dos traballadores asumirán o rol de delegado de prevención.

A dirección queda en convocar o comité de seguridade e saúde da área de Santiago de Compostela a semana que ven.

Estado actual das xefaturas de persoal sanitario e non sanitario

A dirección expón que o seu propósito sempre foi sacalas a concurso para provisión definitiva. Coa anterior dirección de RR.HH. do Sergas conseguiran autorización para facelo, agás as Xefaturas de Sala á espera da resolución xudicial do conflito presentado por este colectivo. Como queren sacalas todas xuntas están esperando a poder sacar as Xefaturas de Sala.

A dirección di que as Xefaturas sairán conforme a lexislación, concretamente as Xefaturas de Sala e de Base sairán por avaliación colexiada.

Preguntamos cantas Xefaturas de Sala existen. A dirección responde que 14, unha delas vacante. Preguntamos si a xefatura vacante se vai cubrir de forma provisional, responden que non.

Solicitamos que non se siga esperando a ter autorización para sacar as Xefaturas de Sala para sacar as demais que están pendentes, xa que, sobre todo, ao persoal non sanitario estáselle causando un prexuízo ao non poder consolidar nivel. Á dirección parécelle ben a nosa proposta.

A base de Foz seguirá sen xefe de base, dependendo de Lugo.

Normativa interna para a aplicación de reducións de xornada na Central de Coordinación

Presentan un novo borrador, que din que recollen parte das nosas achegas. A Xunta de Persoal queda en estudalo. A dirección quere aprobalo antes do período ordinario de vacacións.

Trienios de persoal estatutario temporal

O director da fundación informa que xa ten a autorización formal para firmar o recoñecemento dos trienios ao persoal estatutario temporal, pero necesita que o Sergas modifique a aplicación de nóminas para empezar a recoñecelos. En canto teñan feita a modificación procederá a firmar os trienios pendentes e pagar os correspondentes atrasos.

Contratacións de persoal sanitario

O ano pasado solicitaron de novo a Facenda a creación de todas as prazas pendentes (Due Coordinación e Base de Foz). Foron denegadas. Unha vez denegadas solicitaron permiso para facer contratos de Obra e Servizo para os DUEs de Coordinación. Non houbo contestación. Hai que renovar a solicitude ano a ano. Queren volver a pedir as prazas e despois si as denegan pedir outra vez a Obra e Servizo.

Amosamos o noso rexeitamento a esta demora, e en todo caso, solicitamos que se solicite de forma urxente a conversión en contratos de obra e servizo xa que o de solicitar primeiro as prazas solo retrasaría a solicitude das obra e servizo.

Preguntamos se en caso de non poder conseguir un tipo de contrato que estabilice o cadro de persoal de DUE de coordinación,  hai previsión de eliminar a enfermería da central de coordinación? O director da fundación contesta que “Non hai previsión no momento actual de suprimir a enfermería na central”.

A CIG-saúde denuncia que hai persoas que teñen contrato a tempo completo no Sergas e no 061 ao mesmo tempo. A dirección di que non se pode permitir.

A delegada de Foz pregunta se seguirá a quenda reservada a médicos do Hospital. A dirección explica porque se fixo nun inicio e que esta estudando a posibilidade de eliminala e facer unha contratación, pero que depende de cómo evolucione o tema da consecución das prazas para esta base.

A directora asistencial, explica que a reincorporación de médicos asistencias que estaban en comisión de servizos vai provocar ceses de substitutos e reasignación de contratos de reforzo. O criterio que se usará é primeiro a lista de contratación, é unha vez esgotada a antigüidade no servizo.

Situación actual do Programa Especial  do 061

A directora de xestión explica que o día 16 de abril de 2013 chegou a prorroga do PROGRAMA ESPECIAL PARA A COBERTURA DE ASUENCIAS DE PERSOAL FACULTATIVO NA FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALlCIA-061 EN COLABORACIÓN CON CENTROS DEPENDENTES DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.

Como novidade estea ano so esta permitido a cobertura de quendas con este sistema na CCUS e na base de FOZ. Non se poderá facer no resto.

A CIG-Saude manifesta a súa oposición aos programas especiais na situación de crise na que nos atopamos, reducindo a contratación de persoal en paro e con xente apuntada nas listas de contratación.

A dirección manifesta que a intención do Sergas é eliminalas completamente, pero que seguirán na central porque  a lista de contratación esta esgotada e é necesaria unha formación especifica, e na base de Foz para poder dar cobertura a quenda realizada polos médicos do hospital.

O director de coordinación di que é unha situación excepcional que ten un punto de fin no tempo. Intuímos que se refire á publicación das novas listas de contratación.

Calendario laboral da Central

A CIG-Saúde expón que non se están a cumprir os prazos fixados, polo plan funcional e a inspección de traballo, para entrega dos carteleiras de quendas na central. A situación prodúcese nos primeiros meses do ano, ata que se saca o calendario anual. Expoñemos que  aínda que a situación é moito mellor da que había antes da denuncia á inspección de traballo segue habendo problemas os primeiros meses do ano. Propoñemos que primeiro saquen xaneiro, febreiro e marzo xuntos e despois o resto do ano.

A dirección di que non percibe que ese posible retraso xere inquietude nos traballadores, e que non ter un calendario anual dende xaneiro é debido ao sorteo de vacacións e a dificultade da confección de un calendario con tantas premisas que cumprir (descanso fin de semana, noites por semana, etc..).

A dirección pide a opinión de CEMS e CC.OO. sobre este tema porque di que as queixas sempre son de CIG-Saúde.

A Cig-Saúde di que hai un conflito de intereses do presidente da xunta de persoal coa súa participación na elaboración de calendarios.

Finalmente, a dirección acaba dicindo que podería cumprir os prazos  a cambio de non ser tan estrito nas condicións (non mas de 2 noites por semana, descanso fin de seman, etc).. Xa vedes como esta o panorama, cando se lle acaban os razoamentos sempre queda a ameaza.

Programa de formación do persoal non sanitario

Non houbo avances no último ano neste tema.

Análise da situación do traslado das dependencias do 061 á Estrada

A dirección informa que o edificio esta en construción, que a obra civil esta previsto que se entregue o primeiro trimestre de 2014. A previsión de entrada en funcionamento é 2015. A dirección fixo xestións para que o terceiro andar do edificio sexa en exclusiva para 061. A día de hoxe, cando o edificio entre en funcionamento todo o persoal do 061 na CCUS e Conxo trasladarase alí.


Comisións de servizos

A dirección di que non lle gusta as comisión de servizo pero que é unha prerrogativa que lle da a lei e así a usou. Intuímos que seguirán a usalas cando lles interese polo que os traballadores interesados debedes solicitalas para poder ter posibilidades de mobilidade.

A CIG Saúde  propón a elaboración dunha normativa para acomodos internos no 061 para dar opción de mobilidade aos traballadores. O texto debe ser negociado entre xuta de persoal e dirección para despois elevar a mesa sectorial para a súa aprobación. Aceptase a nosa proposta.

Rogos e preguntas

CIG-Saúde solicita que as reunións entre dirección e delegados sexan periódicas, non nos podemos permitir estar outra vez ano e pico sen reunións. A dirección non acepta a proposta pero fixase a  próxima reunión para o 29 de Maio de 2013. xa que tellen interese en aprobar a normativa interna para a aplicación de reducións de xornada na Central de Coordinación.

CIG-Saúde pregunta si o seguro da base incendiada de A Coruña cubre a roupa e obxectos persoais dos traballadores. A dirección di que se consultou coa compañía de seguros pero esta aínda non respondeu.

CIG-Saúde pregunta polo subministro de roupa destinada a substituír a perdida no incendio da base de A Coruña? A dirección responde que a previsión é xuño, mentres están facendo xestión co provedor para conseguir tallas do seu stock de reposto.

CIG-Saúde pregunta polas obras de reconstrución da base de A Coruña. A dirección di que é un tema da consellería e que xa teñen un presuposto para a reparación.

CIG-Saúde pregunta como vai afectar a diminución de LD nas carteleiras de traballo do persoal sanitario? A dirección di que o aumento de horas efectivas que supón a redución de  LD aplicarase en quendas de traballo e non nas horas de programas ou comisións.