Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 10 de Abril de 2013 a  sección 1 da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza condenou ao pagamento de  custas e desestimou o recurso de apelación contra unha sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela que obrigaba ao 061 a proporcionar e entregar a un delegado de prevención de riscos laborais da CIG-Saúde un informe detallado de cada empregado, referido ao persoal estatutario e de carácter administrativo, tanto sanitario coma non sanitario, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, correspondente aos períodos 2009 e primeiro trimestre de 2010, sobre a realización de horas, horas complementarias e actividade non programada. Podedes ler a sentenza completa aquí .

Unha vez finalizado este proceso, que comezou en 2010 coa solicitude de dito informe, é hora de facer as oportunas valoracións:

Por qué o 061 chegou ata o Superior de Xustiza antes de entregar un informe que nas Xerencias do Sergas entregan de oficio?

Por qué o 061 seguiu coa vía do Contencioso Administrativo cando  o 28 de  febreiro de 2012 xa tiña entregado a mesma información referente ao persoal laboral á dilixencia do Xulgado do social número 2 de Santiago de Compostela?

Por qué o 061 apelou o 27 de Decembro de 2012 a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela e un mes despois entrega os datos sen retirala apelación, coa dilapidación de recursos e cartos públicos que con leva?

A CIG-Saúde cre que  alguén debería dar explicacións e alguén debería asumir as responsabilidades oportunas, aínda que que non esperamos que isto suceda.