Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 29 de Maio de 2013 celebrouse unha reunión entre os delegados de persoal e o equipo directivo coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación do acta anterior

2. Normativa interna para a aplicación de reducións de xornada na Central de Coordinación

3. Procedemento mobilidade interna provisional

4. Rogse  preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Lectura e aprobación do acta anterior

Aprobase a acta da reunión anterior

Normativa interna para a aplicación de reducións de xornada na Central de Coordinación

A xunta de persoal presenta dúas alegacións. A dirección acepta a alegación a instrución segunda punto 1 e  queda en estudar a alegación da instrución 4.

Procedemento mobilidade interna provisional

A dirección presenta un baremo de méritos para o proceso de mobilidade interna.  A xunta de persoal queda en estudala polo miúdo e presentar as alegacións oportunas.  A dirección queda en enviar tamén o borrador do clausulado xeral, no que se definirá o ámbito  e alcance da mobilidade interna.

Emprazámonos para outra xuntanza para o 26 de Xuño co fin de avanzar neste tema.

Rogos e preguntas.

CIG Saúde pregunta si xa se fixo a modificación ao programa informático para poder empezar a conceder os trienios ao persoal estatutario eventual. A resposta é que non.

CIG Saúde pregunta porque lista se van ofertar os contratos de acumulo de tarefas que teñen previsión de durar o máximo permitido de 6 meses. Responden que pola lista xeral.

CIG Saúde pregunta quen vai a ofertar a formación para a lista especial de curta duración de enfermeiro do  061. Farao o 061, pero aínda non teñen previsión de cando se vai facer.

CIG Saúde pregunta que comisión de seguimento será a encargada de resolver os conflitos que xurdan nas lista de contratación de ámbito autonómico do 061. Din que será a comisión de seguimento periférica da XXI de Santiago. As reclamación poden facerse chegar a RR.HH. do 061 que as trasladara a comisión de seguimento.

CIG Saúde pregunta porque hai contratado mediante programas especias persoal da xerencia de Vigo en foz, cando segundo o director do 061 este programa estaba pensado para persoal do Hospital de Burela. A dirección di que legalmente pode contratar a persoal de calquera xerencia, pero ratifica que os programas especias terán o seu remate proximamente.

CIG Saúde pregunta si hai previsión de publicación das listas de medico coordinador e médico asistencial. A previsión do SERGAS é que se publiquen este verán.

CIG Saúde pregunta si segue existindo a posibilidade de realizar reciclaxes noutros servizos do SERGAS. A dirección di que si pero non de forma remunerada, senón no tempo libre do traballador. Debe facerse a través do centro de formación e expídese o correspondente certificado.

CIG Saúde pregunta que nota de ope se usará nas listas de médicos do 061. A dirección responde que para médicos asistencias como non houbo ope SERGAS a puntuación será 0. Para coordinadores a puntuación será a da ope SERGAS de médico coordinador.

CIG Saúde preguntan por a situación dun enfermeiro de Mos que ten acúmulos de tarefas para cubrir ao coordinador de enfermería e que lle comunicaron que cesaba con data 1 de xuño. A dirección informa que o coordinador de enfermería esta en comisión de servizo como coordinador dende o 15 de maio e polo tanto hai que proceder a contratar por lista a un interino por substitución que será chamado pola nova lista.

O director da fundación incorporase ao final da reunión a que nun puido asistir por motivos persoais é procede a dar as seguintes informacións:

Houbo un expediente a un traballador laboral por falta moi grave que finalizou en despedimento.  A praza foi amortizada.

Conseguise que se aprobaran as prazas de DUE de coordinación. Irán chamando  por lista para contratos de interino en praza vacante a medida que finalicen os contratos dos enfermeiros  con acumulo que agora están neses postos.