Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 26 de Xuño de 2013 celebrouse unha reunión entre os delegados de persoal e o equipo directivo coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación do acta anterior

2. Normativa interna para a aplicación de reducións de xornada na Central de Coordinación

3. Procedemento mobilidade interna provisional

4. Rogse  preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Lectura e aprobación do acta anterior

Aprobase a acta da reunión anterior

Normativa interna para a aplicación de reducións de xornada na Central de Coordinación

Estúdase o último borrador para a xestión da redución de xornada na CCUS.

 A CIG-Saúde presenta  unha alegación sobre  que as quendas de traballo a facer polo traballador que pide a redución. Estas deben manter a proporcionalidade co calendario do traballador no período de redución  e non co do restos dos traballadores. Aceptase a alegación. 

Negociase o porcentaxe a partir do que se produciría unha nova negociación desta  normativa. Acordase fixar un 20% en Xefes de sala e un 20% en Médicos Coordinadores.  

A dirección queda en facer as modificación pactadas para aprobalo na seguinte xuntanza.

Procedemento mobilidade interna provisional

Estudase o ultimo borrador de mobilidade interna presentado pola dirección.

En canto ao báremo:

A CIG-Saúde expón que non cree que para os traslados se deba baremar a investigación e a docencia impartida, e en todo caso deben estar dentro do mesmo epígrafe que a formación cun limite total igual a 2 anos de experiencia no servizo (24 puntos) tal e como marcan as bases do sergas.

Ademais na proposta da dirección a formación recibida limitase aos últimos 5 anos mentres que a investigación e a docencia non ten limite temporal.  Por outro lado o peso de cada apartado non nos parece correcto xa que para acadar o total de puntos por formación habería que realizar 2400 horas de cursos en 5 anos. A proposta da dirección e incluír no epígrafe 2, xunto coa formación, a investigación e a docencia, limitar o tempo de formación e investigación e recalcular os puntos que se outorgan en cada subapartado de este epígrafe.

A dirección remitira un novo borrador coas cuestións tratadas nesta reunión.

Rogos e preguntas.

A CIG-Saúde pregunta pola de trienios a persoal eventual. Xa esta feito o cambio no programa informatico que era o problema que existia. Comezarán a emitir as resolucións e poñer ao día os pagos en breve.

A CIG-Saúde pregunta pola  cobertura da base de Sanxenxo. Os Médicos con xornada complementaria, os DUES con 4 contratacións e reserva de unha quenda para DUES de Pontevedra por razóns de organización do servizo que se pagara como localizada activada. A CIG-Saúde volve mostrar como tódolos anos o seu rexeitamento a esta forma de cobertura

A CIG-Saúde pregunta porque a día 26 de maio aínda non hai calendario de traballo para o mes de xuño de  DUES da central de coordinación. A dirección di que é por que se cambia a 5 DUES dos 8 que ten o servizo e esta intentado organizar a formación dos novos membros que seguramente haberá que facer tamén cambios na organización do traballo no mes de xuño e que de todolos xeitos é un problema puntual neste mes. A Cig-Saúde resalta que esta situación sabíase que se ía producir hai meses e que os traballadores que continúan no servizo non teñen por que pagar a falta de previsión da dirección.