Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O D.O.G de hoxe 11 de novembnro de 2013 publica a RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, sobre integración no réxime estatutario de determinado persoal ao servizo das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia esta resolución recolle:

 

2. Procedementos de integración de persoal laboral fixo.

Antes do 31 de decembro de 2013 tramitarase unha nova oferta de integración no réxime estatutario dirixida ao persoal laboral fixo dos centros de atención especializada, consonte as bases que establece o Decreto 447/1996, do 26 de decembro; así como ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

É dicir, antes de final de ano haberá unha nova orde de integración, que polo que sabemos será nos mesmos termos que a do ano 2007

 

Lexislación aplicable:

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, sobre integración no réxime estatutario de determinado persoal ao servizo das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia

DECRETO 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

ORDE do 8 de novembro de 2007 pola que se regula o procedemento de integración do persoal da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.