Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O D.O.G. de hoxe, 15 de maio de 2014, publica a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de médico/a coordinador/a do 061 e médico/a asistencial do 061.

Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación

 

As persoas interesadas, con respecto aos resultados de baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias en xestión do persoal, no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As listas poden consultarse na páxina web do Sergas:

Médico Asistencial 061

Médico Coordinador 061