Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

A CIG-Saúde ven de reclamar ao Comité de Seguridade e Saúde da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela que se revise a instalación do heliporto do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, xa que o estado de deterioro da pasarela de acceso e extintores pon en perigo tanto ao doentes como aos profesionais santarios que usan dita instalación. Concertamente reclamamos:

  • O estado da pasarela que sirve de acceso ao heliporto non posúe ningún tipo de mecanismo para impedir o acceso de persoas ou persoal alleo, tanto na rampa de acceso como na escalinata de emerxencia que desemboca directamente ao chan, sen que esta tampouco teña ningún elemento que impida a alguén a subida dende a parte axardinada.
  • A pasarela de acceso, nalgún dos tramos ou ben está suxeita con cintas de plástico, arames, cordas e demais material, que consideramos non apto para tal fin. Asemade, o citado valado, non está ancorado ao chan, pola que as turbulencias orixinadas polo helicóptero provocan constantes vaivéns no valado, co conseguinte risco de caída do mesmo.
  • Na parte do heliporto, as mangueiras de extinción non están suxeitas ao chan, os extintores ou ben non teñen ningunha data de caducidade ou ben a que teñen indican que xa pasou a súa data operativa.
  • As caixas para ferramentas de emerxencia, a instalada na parte máis afastada ao acceso non abre e está abombada polo efecto do sol. A outra que está na parte máis próxima ao acceso, no seu interior presenta unha serie de ferramentas comidas pola ferruxe, polo que indican claramente que non serían moi operativas para o fin que se deixaron.
  • O tanque de líquido espumante, tamén presenta multitude de deficiencias en canto a ferruxe, polo que dubidamos que o do seu interior este nas condicións máis óptimas.