Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 3 de outubro de 2014 celebrouse reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde da Area Saniataria de Santiago do 061 coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación de actas anteriores.

2. Estado do Protocolo de actuación en caso de alertas por ébola ou enfermidades similares e dos Pregos dos Equipos de Protección Individual para persoas que entren en contacto con casos posibles ou confirmados de ébola.

3. Estado do estudo sobre os índices de cancro na Central de Coordinación

4. Seguimento da planificación da prevención 2014

5. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos ofrecemos da xuntanza:

Lectura e aprobación de actas anteriores.

Seguimento da planificación da prevención 2014

Estado do Protocolo de actuación en caso de alertas por ébola ou enfermidades similares e dos Pregos dos Equipos de Protección Individual para persoas que entren en contacto con casos posibles ou confirmados de ébola.

 Xa está aprobada a instrución técnica  IT.ASI.30  Transporte de pacientes con sospeita de Ébola, con data 28 de agosto de 2014.

 A dirección informa que se vai mercar de forma inminente unha cámara de transporte e illamento de doente infectado.

Revisase o borrador de procedemento remitido no seu día ao Comité de Seguridade e Saúde pola Directora Asistencial. Os representantes dos traballadores comentan:

  • Debese protocolizar a posta dun cueiro aos doentes para o traslado.
  • Debe ir unha bolsa para vómitos dentro da cámara de transporte e illamento.
  • No anexo II de Material non contempla monos de talla inferior a  M, isto supón un risco alto de enganche en caso de ter que traballar con un mono que quede moi frouxo.
  • No anexo II de Material só se contempla un par de botas da talla 42, e 2 pares para o resto, non parece lóxico xa que o 42 é un número bastante habitual. Tampouco hai  botas de talla superior á 44.
  • Debese establecer un mecanismo para o cambio do persoal cando o tempo de traslado sexa superior as 3 horas pola imposibilidade de usar os traxes de protección NBQ durante  tanto tempo.

Hai diferenzas de interpretación sobre cando o persoal sanitario debe acompañar na ambulancia ao doente. Este punto debe quedar o mais claro posible.

Os representantes dos traballadores piden que antes de final de outubro se forme a todo o persoal neste  protocolo de actuación e na correcta colocación dos EPIs.

A empresa informa que se están instruíndo 5 DUES sobre o método para por e sacar os EPIs necesarios nas alertas por ébola. Vaise gravar un vídeo. Faranse  sesión formativas.

Estado do estudo sobre os índices de cancro na Central de Coordinación.

A Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía aínda non emitiu o informe sobre os datos enviados.

Seguimento da planificación da prevención 2014.

Faise un seguimento da planificación da prevención para o ano 2014.

Rogos e preguntas.

D. Rosario García Rúa informa que a raíz do escrito presentado pola CIG-Saúde ante o Comité de Seguridade e Saúde da EOXI de Santiago de Compostela  denunciando o estado de abandono  do heliporto do Hospital Clínico Universitario, a maior parte das deficiencias foron arranxadas. Entre as que faltan por arranxar está o estado do valado da pasarela de acceso a plataforma de despegue. Tamén se debería formar ao persoal de seguridade do hospital no uso das medidas de emerxencias no despegue e aterraxe.