Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Os delegados de prevención de CIG Saúde presentamos un escrito (30/10/14) diante do Comité de Seguridade e Saúde da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela solicitando unha solución definitiva á pasarela de acceso ao heliporto así como aclaración da titularidade do treito de acceso.

O escrito foi tratado na xuntanza do comité de Seguridade é Saúde da Área Sanitaria de Santiago de Compostela do 16 de decembro de 2014.

A direccion do complexo informou que se fixo unha primeira actuación que non deu resultado dado que o vento move o balado e erosiona os mástiles. Encheuse de cemento e pasou o mesmo. Agora se están valorando dúas posibilidades, por arandelas metálicas para que queden axustados os mástiles ou pedir presuposto para seguir co balado de construción. Se pedirá presuposto e se valorarán as dúas opcións.

Dende CIG Saúde seguiremos atentos a este asunto.