Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Dende o ano 2009 a Xunta de Galicia do Señor Feijoo e concretamente a Vicepresidencia do Señor Rueda ven anunciando na prensa a construción dun novo edificio para o 112 en A Estrada. Nos mesmos medios tamén se anuncia que o novo centro acollerá ao 061. As últimas novas dan prazos para entrega da obra civil, este primeiro trimestre de 2015, e para a entrada en funcionamento do mesmo, no primeiro trimestre de 2016. Mentres tanto a Conselleira de Sanidade mantén un profundo silencio ao respecto. A información aos traballadores brilla pola súa ausencia, como sempre non importan. A pesar de este silencio, o certo é que o proxecto construtivo inicial do edificio para o 112 foi modificado para engadir un terceiro andar que puidese acoller a todo o persoal das oficinas administrativas e central de coordinación do 061.

A CIG-Saúde oponse totalmente ao traslado do persoal do 061 polos seguintes motivos:

  • O traslado non aportará unha mellora na asistencia sanitaria aos usuarios do 061.
  • O traslado non aumentará a eficiencia do servizo.
  • O traslado imposibilita a conciliación da vida familiar e laboral.
  • O traslado reduce a renda dispoñible para as familias afectadas. As familias terán que destinar parte da súa renda a sufragar os custes do traslado a  30 kilómetros do centro de traballo actual.
  • O traslado aumenta o risco de accidente laboral. Aumenta os tempos de traslados ao centro de traballo e polo tanto a posibilidade de un accidente in itinere.
  • O traslado modifica as condicións do ultimo concurso de traslados de DUE aínda pendente de resolver. Neste concurso ofertábanse 7 prazas de D.U.E. de consulta do 061 en Santiago de Compostela, de consumarse o traslado estas prazas serán definitivamente cubertas en A Estrada.
  • Por todo isto o traslado empeora o clima laboral.

Esta medida arbitraría afecta a mais de 180 traballadores, e ás súas familias,  que realizan o seu traballo nos centros do 061 no Concello de Santiago de Compostela.

A CIG-Saúde esíxelle á Conselleira de Sanidade que aclare cal é a súa posición.