Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O D.O.G. do 4 de maio de 2015, publica:

  • Lei de Emprego Público. LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Descargar PDF

  • Ampliación prazas OPE 2013 Médico/a de Familia. RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2014, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, ampliando o número de prazas convocadas. Descargar PDF

  • Ampliación prazas OPE 2013 Enfermaría. RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2014, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, ampliando o número de prazas convocadas. Descargar PDF 

 

Estas duas resolucións  amplian do número de prazas da OPE 2013 das categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a, convocado por Resolución do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) acumulando as prazas aprobadas no Decreto de oferta de emprego público de 2015.

Coa publicación destas resolucións reabrese o prazo dun mes para a presentación de solicitudes de participación (desde o 5 de maio ata o 4 de xuño, ambos incluidos).

Aquelas persoas aspirantes que tivesen presentado a súa solicitude de participación neste proceso no período inicial comprendido entre o 19 de decembro de 2014 e o 30 de xaneiro de 2015, non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación.

Os méritos a ter en conta na fase de concurso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, 17 de decembro de 2014.