Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

A Xunta de Persoal , co mandato da Asemblea de Traballadores do pasado 23 de marzo de 2015, esta a manter contactos cos grupos políticos do Parlamento de Galicia e candidatos a Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela co fin de expor o rexeitamento do traballadores do 061 ao traslado arbitrario e forzoso, anunciado polo Presidente da Xunta de Galicia, ao concello de A Estrada dos centros de traballo do 061 en Santiago de Compostela.

Os contactos mantidos ata o de agora foron:

8/05/2105 Paco Reyes, candidato a Alcaldía polo PSOE

8/05/2105 Carmen Acuña do Grupo parlamentar do PSOE

11/05/2015 Martiño Noriega, candidato a Alcaldía por Compostela Aberta

12/05/2015 Chelo Martínez do Grupo parlamentar Mixto

20/05/2015 Ruben Cela, candidato a Alcaldía polo BNG

Dicir que en tódolos grupos parlamentarios comprometéronse a preguntar na comisión de sanidade polo traslado, e os candidatos a alcaldía transmitíronnos a súa solidariedade cos traballadores do 061 e o seu apoio para intentar frear o traslado.

Do actual alcalde de Santiago de Compostela e candidato do PPdG, Agustín Hernández, nin nos recibiu nin se interesou polo tema. Incluso no encontro dixital da "la Voz de Galicia" mandámoslle máis de 100 preguntas sobre o traslado e non contestou ningunha.

Para a semana que ben temos concertado entrevista con:

26/05/2015 Grupo parlamentar do PPdG

26/05/2015 Grupo parlamentar do BNG

Tamén fomos citados para próximo día 27/05/2015 polo Xerente do SERGAS para falar de este tema.

A CIG-Saúde quere salientar que do resultado das eleccións municipais deste domingo dependerá o apoio que podamos recibir dende o Concello de Santiago para para este atropelo.

Recordade que votar ao PPdG é votar SI ao Traslado.