Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

 

Dende, o día 18 de marzo os dous helicópteros sanitarios do 061 sufrirán de novo, un recorte no seu horario de operatividade ata o 27 de setembro.

Os helicópteros sanitarios levan traballando en Galicia algo mais de 25 anos, durante todo este tempo estiveron operativos de orto a ocaso, isto quere dicir, durante todas as horas de luz. A partires do 18 de marzo e ata o 27 de setembro, os días teñen mais de 12 horas de luz, chegando no solsticio de verán aos días mais longos, con 16 horas de luz.

Cando fai algo mais dun ano, estes helicópteros pasan a ser xestionados polo 061, redúcese a operatividade nos días de verán a un máximo 12 horas, perdéndose así 380 horas destes aparatos.

Con este recorte horario calquera servizo na costa da morte, despois das 7 e media do serán, non pode ser atendido en primeira instancia por un recurso medicalizado, xa que por terra as medicalizadas mais próximas serían as de Santiago de Compostela ou da Coruña, calquera delas a mais dunha hora de distancia, e o helicóptero operativo estaría en Ourense. O mesmo pasaría con toda a mariña Lucense, con unha ambulancia en Foz, moitas veces desprazada aos hospitais de referencia. Pola contra, a primeira hora da maña, a zona de Galicia desprotexida é a provincia de Ourense e a montaña de Lugo, que non terán helicóptero ata as 9 e media da mañá.

Non habería que lembrar que o ano pasado, non se puido acudir ao accidente do rally de Carral por ese motivo, pero hai moitos mais servizos que se denegaron ou simplemente non se fixeron por estar nese período de inoperatividade dos helicópteros, servizos que non se coñecen por non ser tan mediáticos como o do rally, de doentes anónimos que poderían ter sido atendidos dentro duns estándares de tempo mellores aos que recibiron.

Neste intre que se está a falar do custo que suporá o traslado á Estrada do 061, que parece que a administración non lle importa, quérese aforrar en servizos a cidadanía con un custo nimio comparado con outros que son estragas, o custo de permanecer cos dous helicópteros operativos durante todas as horas de luz é o soldo dun piloto e un copiloto durante 6 meses para cada helicóptero (menos de 100 000 €). ¿Canto vale unha vida?....xa sabemos, depende da de quen...

¿Cal foi o criterio para este recorte?, segundo a dirección da fundación, un aforro económico, pero agora dilapidase no mantemento do novo edificio da Estrada.

Queremos deixar claro que esas quendas deslizantes no horario dos helicópteros sanitarios, fanse en algunha outra comunidade autónoma, pero aclarar tamén que o número de aparatos que teñen é superior, aquí con so 2 é unha barbaridade.

Pero a mala xestión do servizo non remata aquí, os dous principais hospitais galegos, o hospital da Coruña e o desastroso hospital de Vigo, Alvaro Cunqueiro, teñen heliportos “non funcionantes”, no caso do CHUAC hai mais de 10 anos que ten a helisuperficie rematada e nunca puido usarse, fai xa mais dun ano que ten corrixidas as súas deficiencias pero seguen sen dar a orde para que se use. Os doentes que teñen que ir a ese centro en helicóptero, son levados ao aeroporto de Alvedro, coa molestia e atraso que isto supón para os pacientes (medulares, queimados, trauma, etc).

No caso do Álvaro Cunqueiro, fai xa 7 meses que se fixo a inauguración coa saída na prensa dos responsables, poderíase usar xa dende aquela, pero a día de hoxe non se nos deu permiso para usalo, no accidente dos ciclistas de A Garda do 12 de marzo, o helicóptero tivo que levar ao ferido a aeroporto de Peinador, a dirección do complexo dixo que era por falla dun permiso de AESA, por Díos!!!!, que permiso nos deu AESA para aterrar na estrada?, so se precisa permiso dos responsables da helisuperficie e que o piloto vexa que o sitio é seguro, aterramos así fai 25 anos en outros hospitais, o resto dos permisos son pura burocracia. ¿Vamos polo mesmo camiño que o CHUAC?, ou hai intereses ocultos que descoñecemos. Dende logo os prexudicados son sempre os mesmos, os doentes.

Xunta de Persoal do 061.

 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/helicopteros-061-estan-operativos-menos-tiempo-hace-25-anos/idEdicion-2016-03-22/idNoticia-987285/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/22/junta-personal-exige-helicopteros-061-vuelen-orto-ocaso/0003_201603G22P11994.htm

http://www.europapress.es/galicia/noticia-denuncian-recortes-horario-helicopteros-061-final-verano-20160321130540.html