Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

A consideración das baixas por enfermidade como periodo neutro é un deireito do persoal estatutario, recoñecido na Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde no seu artigo 58:
Artigo 58. Carácter dos períodos de descanso. 3. O período de vacación anual retribuída e os períodos de baixa por enfermidade, serán neutros para o cálculo dos promedios previstos nos artigos 47, 48, 52 e 54 desta lei.
Os artigos 47, 48, 52 e 54 fan referencia respecitvamente á xornada ordinaria, xornada complementaria, descanso semanal e réxime de descanso alternativos.
Que significa periodo neutro, pois que as quendas de traballo que o traballador tiña asignadas durante a súa baixa computan como realizadas nun número de horas iguais ao das quendas asignadas. Non podendo aplicar a administración ponderacións nese número de horas.
Por último, folga decir que este dereito é totalmente independente das normativas internas establecidas nos centros para os trocos de quendas de traballo.