Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Xa que polos conductos formais e regulamentarios non estamos a obter respostas ás nosas inquedanzas en temas de saúde laboral, imos comezar dende aquí unha campaña de denuncia pública sobre este tema.

No mes de Agosto realizáronse obras de reforma na Central de Coordinación do 061 para ampliar a capacidade da mesma e dar resposta  o posible aumento da demanda pola Gripe A. Os delegados de prevención solicitaron que se realizara unha avaliación de riscos despois das reformas. A avaliación foi programada un día no que dos 3 delegados de prevención (que teñen dereito a estar presente durante a mesma) un estaba de vacacións, outro de baixa e outro tiña pedido ese día. Non foi posible aplazar a avaliación ainda que así  se solicitou.

Pois, a día de hoxe, nin os delegados de prevención nin o comité de seguridade e saúde laboral teñen copia da avaliación. As preguntas son obvias:

Chegou a facerse a avaliación?

Si se fixo, que pode conter a avaliación para que non se entrege unha copia os delegados de prevención?