Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

OS ACORDOS HAI QUE RESPECTALOS

TEMOS DIGNIDADE!

16 DE DECEMBRO

FOLGA NA SANIDADE

Folga16

POLO RESPECTO DOS ACORDOS ASINADOS

Desde o 14 de outubro a CIG-SAÚDE ven demandando do SERGAS o cumprimento íntegro dos acordos asinados. A Admón non tiña ningunha intención, dende o principio de chegar a acordos coas organizacións sindicais, só pretendía someternos á súa chantaxe.

POR COHERENCIA

A CIG-SAÚDE fíxolle chegar á Admón unha proposta de acta que garantizaba o cumprimento dos acordos, o Sergas sen embargo pretendía que asinásemos unha acta de compromiso (matrimonial, civil, relixioso..), que nos convertéramos en NOTARIAS/OS da Admón. O que pretende a Admón que fagamos as organizacións sindicais é:

- Que enganásemos ás/aos traballadoras/es, convencéndoos de que teñen que renunciar ás súas retribucións.

- Que lle garantíramos que esta Admón vai cumprir o seu calendario. Se agora xa  non cumpre o  publicado no DOG.!

- Que as organizacións sindicais sexamos dóciles, converténdonos na voz da Admón  e non nos representantes das/os traballadoras/es.

POR DIGNIDADE

Porque non podemos consentir que a Admón sanitaria difunda perante  a opinión pública unhas  mensaxes co único obxectivo de  desprestixiar as/os traballadores como preludio das medidas que van tomar na nosa contra.

Non sexas cómplice na campaña de despretixio que pretenden facer da sanidade pública e das/os seus traballadoras/es.