Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

A valoración da Folga do 16 de Decembro: "Os acordos hai que respectalos: Temos Dignidade" no 061 non pode ser positiva debido ao baixo indice de particiapación. Ben é certo que os servizos mínimos decretados unilateralmente (non houbo acordo co Comité de Folga) pola administración, do 100% do persoal sanitario e por riba do 25% no persoal non sanitario, fixeron bastante dificil aderirse a esta protesta. 

Ainda así no conxunto da Sanidade Galega temos que facer unha valoración positiva, reproduzco o comunicado de valoración da Secretaria Xeral da Cig-Saúde:

 

CIG-SAÚDE valora positivamente a participación das/os traballadoras/es na folga convocada no día 16 de decembro de 2009.  A  participación nesta folga pódese cifrar en que foi secundada por máis do 80% do persoal do SERGAS; asemade, os motivos que levaron á convocatoria de FOLGA son compartidos polo 100% das/os traballadoras/es.        

Non imos entrar nunha guerra de cifras cos datos que facilita a Admón, pero si queremos subliñar que o SERGAS tentou minimizar a participación na folga declarando uns servizos mínimos abusivos; nalgún caso  os servizos mínimos decretados foron superiores ao número de traballadoras/es que compoñen o cadro de persoal; é curioso que se reforcen os cadros de persoal  un día de folga, ou que se contabilicen as peonadas como actividade ordinaria. Os servizos mínimos foron do 100% ou superiores.

 

Para a CIG-Saúde están atinxidos os obxectivos de denuncia que motivaron a convocatoria de folga;  as/os traballadoras/es rexeitaron a política de desprestixio que esta Admón pretende facer da sanidade pública e dos seus profesionais. Reiteramos da Admón o cumprimento íntegro dos acordos asinados.          

Desde a CIG-Saúde non nos conformamos con que o SERGAS diga que vai  publicar un novo calendario de aplicación dos acordos retributivos; que vai suceder co resto de temas pendentes?:

  1.       Quen nos vai devolver as retribucións, que por dereito nos pertencen e que deixamos de percibir ?
  2.       Que pasa co Plano Mellora e co Plano de Saúde Mental: Solicitamos a cobertura total das prazas  de nova creación que contiñan os devanditos planos ?
  3.       Que pasa coas melloras  asistencias que conteñen os ditos planos e que agora esta Admón pretende facer desaparecer como se nunca existiran ?
  4.       Que pasa co recorte orzamentario e coa privatización da sanidade publica?

 

Desde CIG-SAÚDE, co apoio das/os traballadoras/e e o apoio da poboación, seguiremos loitando para recuperar o que esta Admón pretende facer desaparecer, non pararemos  até conseguir manter a sanidade pública que por dereito nos corresponde. 

Desde CIG-SAÚDE darlle as grazas a todos e a todas as traballadoras que secundaron esta xornada de folga. Lamentamos enormemento o incidente acaecido en Ferrol onde unha traballadora que se estaba a manifestar foi atropelada intencionadamente por un conductor. Estánse a tomar todas as medidas legais pertinentes.