Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O 8 de Febreiro de 2010 celebrouse nas Oficinas de Conxo Reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061, cos seguintes puntos na orde do día:

  • Lectura e aprobación das actas anteriores.
  • Peche da negociación do Plan Funcional.
  • Proceso de cobertura dos postos de xefatura e especial responsabilidade.
  • Cobertura das xefaturas de sala vacantes.
  • Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos ofrecemos da reunión:

 

Lectura e aprobación das actas anteriores

Apróbanse as actas VII/209,VIII/2009 e I/2010 correspondentes as tres últimas reunións.

Peche da negociación do Plan Funcional.

O día 4 de febreiro o Comité de empresa presentou as alegacións consensuadas ao borrador de plan funcional. Nesta reunión fixemos un repaso ao plan funcional no que a dirección expuxo cales aceptaba e cales non, co que quedou conformado un texto final  do plan funcional.

Os membros do comité da CIG unha vez revisado o texto definitivo do Plan funcional, en vista das discrepancias e falta de garantías para os traballadores deste texto, decidimos non firmar.

Proceso de cobertura dos postos de xefatura e especial responsabilidade.

O Director informa que, si é autorizado polo Sergas, a súa intención e facer a provisión definitiva de tódolos postos de xefatura ou coordinación  polo Decreto 206/2005 de provisión de prazas do persoal estatutario do servizo galego de Saúde este ano, agás os de  Xefe do Servizo de Formación e do Xefe de Servizo de Calidade por ser postos que están en excedencia e orde de servizos respectivamente. Tamén quedarán adiadas as Xefatura de Sala ate a resolución da reclamación xudicial presentada polo colectivo de traballadores deste posto.

Cobertura das xefaturas de sala vacantes.

A dirección informa que agora mesmo hai un xefe de sala en comisión de servizos, esta vacante será cuberta con unha promoción interna temporal.

Tamén existe outro xefe de sala en orde de servizos interna que non causa vacante pero que é necesario cubrir, teñen pensado cubrila con actividade non programada.

A dirección manifesta que existen 14 prazas de xefe de sala e que non teñen pensado crear mais.

Tamén expón que a partir de agora os Xefes de Sala asumirán responsabilidades concretas dentro da Dirección de Coordinación (salvado as diferencias como un xefe de base, entendemos nos) , e que non será necesario ter o posto de traballo de Xefe de Sala para asumir a coordinación da sala en cada quenda. Polo tanto, retomara a idea de realizar un curso de capacitación para o persoal que coordine a sala en cada quenda. Este curso estar aberto a tódolos médicos coordinadores, e cando a Dirección considere capacitado a un traballador poderá asumir quendas  nese posto. Este posto non será remunerado.

Rogos e preguntas.

O Director fai entrega do cómputo de horas realizadas polos médicos coordinadores no ano 2009, quedando pendente a entrega do computo de horas dos DUE de consulta, e de todo o persoal da area asistencial. Estes cómputos foran reiteradamente solicitados polos representantes da CIG-Saúde, esperamos que nos fagan entrega dos restantes o antes posible.