Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O plano funcional debe ser entendido como unha ferramenta de xestión que poña en equilibrio os intereses da empresa e os dereitos laborais das traballadoras/es, nunca pode ser entendido como unha ferramenta onde a Dirección da empresa manteña arbitrariedades, facendo interpretacións da norma que non sabemos a quen benefician, pero que a longo prazo será prexudicial para todas/os.

E que di o SERGAS de todo isto. xornada, gardas..., onde está o control, a austeridade, non mais despilfarro..... Entende que esta é a boa xestión?.

A CIG-SAÚDE non asinou o plano funcional coa anterior dirección por conter nel aspectos que considerabamos negativos. Non imos agora a asinar unha mala copia  do plano que presentaba a anterior Directora.

Solicitamos reiteradamente que o plano funcional debería conter as presenzas mínimas en cada quenda, como garantía do mantemento dos postos de traballo.Como van a xustificar as necesidades de manter un nº de traballadoras/es se non son capaces de especificar cantas/os necesitan por quenda.

A retribución polas funcións específicas esta ligada ao cumprimento das mesmas. Como vai a Dirección a xustificar o pago deste CPV se non é capaz de presentar os obxectivos de cada posto de traballo. Os obxectivos deben ser públicos e de coñecemento de todas/os as/os traballadoras/es. Previo coñecemento e aceptación do comité de empresa. Nunca poden ser pactos individuais.

Para un colectivo gardas de ámbito de toda Galiza, esperamos non teñan afán colonizador. Pódese desprazar a un traballador de Mos á Ferrol ou Burela, usando ó seu vehículo. Que pasa coas gardas dos outros colectivos?. Isto só demostra unha xestión de compracencia.

A formación interna debería ser un elemento motivador para o persoal do 061, curiosamente a Dirección restrinxe os permiso para participar nela. Si a formación é necesaria pola especificidade do posto ¿ por qué hai que face-la no tempo libre?

Por qué non están claramente recollidos os criterios de acceso a formación interna: destinatarios preferentes. Isto pode ter o risco de converterse nun premio para os bos.

Que pasa coas contratacións, até cando se van manter os acumulo de tarefas de xeito irregular. Por que non se consolidan as prazas?

¿ qué pasa cos nomeamentos? ¿ Cándo se van convocar polo Decreto 206 TODAS as xefaturas?

CIG-SAÚDE rexeita este plano por ter mais inconcrecións que norma . Recomendámoslle á Dirección do 061 que bote un vistazo ao planos funcionais dos servizos de urxencias, sempre poderá aprender algo. E ao SERGAS que os criterios de boa xestión sexan para todas/os.