Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

En referencia á nota interior 4/2009 de 2 de Novembro de 2009 e ao correo electrónico do 5 de marzo de 2010, ambos da Directora de Xestión e Servizos Xerais sobre "Cumprimento de Xornada" de aplicación ao persoal non sanitario da fundación , a Cig-Saúde 061 quere deixar clara as súa posición:

  • Recoñecemos o dereito, e non nos opoñemos, a que calquera empregador implante sistemas para controlar o cumprimento de xornada dos empregados, sempre que estes se axusten a dereito e se negocien cos  representantes dos traballadores.
  • O sistema de control agora mesmo instalado nos centros de traballo de San Marcos e Conxo, non é un sistema de control de presenza se non un sistema de control de acceso. Para que fose utilizado como control de presenza requiririamos que os dispositivos tivesen un reloxo visible e cando un usuario pasase a súa tarxeta identificase ao mesmo.
  • O control de presenza que se implante debe ser instaurado para tódolos traballadores da fundación: sanitarios, non sanitarios, auxiliares, xefes de servizos, etc. Ou, o cumprimento de xornada non é un deber para todos?
  • Non se pode impor unha sanción sen antes abrir o correspondente expediente, dar coñecemento ao traballador e o comité de empresa, e dar opción a presentar as alegacións oportunas? 
  • O Comité de Empresa ten que ter un coñecemento do rexistro do sistema, para poder controlar que o sistema funciona e non é discriminatorio.

Antes de poñer en marcha este sistema instamos a Dirección a que o negocie co Comité de Empresa.