Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

CIG-Saúde alerta de que pode provocar importantes demoras na atención dunha urxencia sanitaria
Hoxe entra en vigor o novo contrato firmado coa Fundación Publica Urxencias Sanitarias 061, que introduce unha importante redución de operatividade nos helicópteros que atenden emerxencias sanitarias. Así o helicóptero de Santiago traballará dende as 6:57 ata as 18:57 e o de Ourense dende as 10:16 ata as 22:16. Isto implica que nas primeiras horas da mañá e nas últimas da tarde haberá unha redución operativa. A CIG-Saúde vén alertando desta situación nos últimos meses e denunciando que malia a redución horaria do servizo e a pesar de contar cun helicóptero menos que antes, o custo é, comparativamente maior.
helicóptero de urxencias

Dende o ano 1990 os dous helicópteros sanitarios galegos viñan funcionando todas as horas de luz do día (de Orto a Ocaso). Porén, a CIG-Saúde denuncia que un novo recorte afecta agora a este servizo de asistencia as urxencias. No novo contrato o período de servizo será de orto +12, ocaso -12. É dicir, un helicóptero comezará a funcionar á saída do sol e estará operativo 12 horas e o outro estará operativo 12 horas antes do solpor. Isto fai que a partir de hoxe haxa 6 horas menos de servizo diario entre os dous helicópteros, o que supón segundo os seus cálculos, que o período de servizo  de cada helicóptero se verá reducido en 394 horas ao ano.

A modo de exemplo sinala que unha persoa con síntomas de afogamento na Costa da Morte, ás 8 da tarde, ten o helicóptero máis próximo en Ourense a 40 minutos de voo, e a ambulancia medicalizada máis próxima a 97 Km. O mesmo sucederá nun accidente de tráfico acaecido en Verín ás 9 da mañá, onde o helicóptero operativo estará en Santiago e a ambulancia medicalizada mais próxima en Ourense.

Os efectos prácticos deste novo contrato será que haberá servizos de asistencia sanitaria que até o de agora se atendían con helicóptero, por ser o recurso mais axeitado, teñan que ser atendidos por medios terrestres, sufrindo graves demoras, co que risco que isto supón para as situacións de urxencia.

O novo contrato licitouse por unha cantidade de 9.440.000 € por catro anos para dous helicópteros, mentres que o anterior contrato da Axencia Galega de Emerxencias adxudicouse no ano 2009 por 12.600.000€ por catro anos para tres helicópteros (2 helicópteros con configuración sanitaria en servizo de orto a ocaso e 1 con configuración mixta en servizo en horario H12).

A CIG-Saúde considera este novo contrato un recorte importante na asistencia sanitaria urxente a cidadanía, encadrado dentro da política do Goberno Galego do PP que confunde a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos. “O custo económico real deste recorte, despois de 24 anos de servizo, é soamente o soldo dun piloto e un copiloto, nada máis.

A nova en Avantar

Dexiamos a información da mesa sectorial celebrada onte 03 de xuño de 2014:

 

INFORMACIÓN COMPLETA, PREME AQUÍ 

 

 

O D.O.G. do 16 de abril de 2014 publica a RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2014 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de operación telefónica para a xestión de datos dos terceiros obrigados ao pagamento (AB-FUS1-14-002)

 

Descrición: servizo de operación telefónica para a xestión de datos dos terceiros obrigados ao pagamento.

Prazo de execución: 1 ano desde a formalización do contrato.

Importe neto: 206.611,56 €, IVE (21 %): 43.388,43 €. Importe total: 250.000 €.

Data límite de presentación de ofertas: 02/05/2014

 

Mais datos:

http://www.sergas.es/Cadmo_Web/DetalleContratacion342010.aspx?IdPaxina=70003&seccion=0&IdExpediente=66203

 

O D.O.G. do 17 de Marzo de 2014 pública a:

  • RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario, procedemento aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada, da obra de reparación do edificio da base de urxencias sanitarias 061 na Coruña (AB-SER3-14-001). Descargar PDF

Falando de obras facemonos eco de diferentes novas que apuntan a que a entrada  en preconcurso de acreedores de Antalsis, adxudicataria da obra do 112 na Estrada, paralizaou a execución da mesma.

 

"Los problemas con los pagos a proveedores obligan a paralizar las obras de la Axega". Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/02/23/problemas-pagos-proveedores-obligan-paralizar/972739.html

 

 

 

O B.O.E. do pasado sábado, 21 de decembro de 2013 publicaba a  "Lei Orgánica 9/2013, de 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público" PDF (BOE-A-2013-13425 - 21 páxs. - 363 KB). Esta Lei, na súa disposición adicional cuarta recolle unha modificación do Estatuto Básico del Empleado Público:

Primero. El apartado k del artículo 48 de la Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público, queda con la siguiente redacción:

«Por asuntos particulares, cuatro días cada año».

Segundo. La limitación que el apartado Tres del artículo 8 del Real Decreto ley 20/2012, de 13 de julio, de medidas para garantizar la estabilidad presupuestaria y de fomento de la competitividad, establece respecto a los convenios, pactos y acuerdos para el personal funcionario y laboral de las Administraciones Públicas y sus Organismos y Entidades, vinculados o dependientes de las mismas, debe entenderse referenciada a la nueva redacción dada al artículo 48 de la Ley 7/2007, de 12 de abril del Estatuto Básico del Empleado Público de conformidad con el apartado primero de esta Disposición.

 

En relación con este tema o SERGAS informounos que : "Ao longo desta mesma semana comunicaranse formalmente ás estruturas organizativas de xestión integrada e entidades adscritas á Consellería de Sanidade os efectos xurídicos e condicións da súa aplicación ao exercicio 2013 (así como o seu desfrute no ano 2014)."

O D.O.G do venres 20 de decembro de 2013 publica a RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2013, da Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de transporte sanitario urxente aéreo (expediente AB-FUS1-13-002). (Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) http://ted.europa.eu/udl?uri=TED:NOTICE:406377-2013:TEXT:ES:HTML )

Neste novo contrato o período de servizo será  tódolos días do ano, de orto +12, ocaso -12, mentres que no contrato vixente é tódolos días do ano de orto a ocaso. Segundo os nosos cálculos, esta condición supón que o período de servizo  de cada helicóptero se verá reducido en 394 horas ao ano. Isto afectará ás quendas de traballo do persoal de base dobre, aínda que a dirección dixo aos representantes dos traballadores na ultima xuntanza que non sabía de que forma ía aplicar esta redución de horas.

A previsión é que o novo contrato entre en vigor en abril de 2014, mentres o servizo rexerase polas condicións do contrato actual.

A CIG-Saúde considera este novo contrato un recorte na asistencia sanitaria a cidadanía, encadrado dentro da política do Goberno Galego do PP que confunde a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos.

 cartaz_uxc_definitivo

Máis artigos...