Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, avanzou onte pola mañá (21/09/2011) na Estrada que a construción do novo edificio da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) comezará este mesmo ano e converterá ao concello no centro das emerxencias de Galicia.

Máis información:

Xunta de Galicia

O Correo Gallego

Telexornal

Por outro lado, na web da SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A. aparece xa a adxudicación definitiva da obra a empresa ANTALSIS CONSTRUCCIÓN E SERVIZOS, S.L. por 6.099.800,00 € I.V.E incluido. Ver detalle da adxudicación aqui.

CIG, CCOO e UGT teñen convocado folga no sector de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia de Galiza. A folga convócase dende as 0 ás 24 horas do dia 8 de setembro do 2011 e abrangue a todas as empresas afectadas polo convenio galego para as empresas e traballadores/as do sector.

Segundo se recolle na propia convocatoria, os motivos que levan aos promotores á convocatoria desta folga é presionar tanto á administración publica como ao conxunto de empresas que xestionan tanto o transporte urxente como o non urxente pola inminente redución de plantillas que se levará a termo tanto polos recortes xa anunciados no sector do transporte sanitario urxente pola Conselleria de Sanidade como os que previsibelmente se prevén neste mesmo sector e tamén no sector do transporte sanitario non urxente.

Mais información sobre a folga aquí

O pasado día 1 de xuño abriu o prazo para inscribirse nos cursos de FEGAS do segundo semestre. Este prazo rematará o 20 de Xuño de 2011, consulta as normas xerais de inscrición a través do apartado "Formación" da páxina web da FEGAS.

Enteramonos polos medios de comunicación da ampliación dos servizo ofertados a través do 902 400 116, que como recolle a nota de prensa da Consellería de Sanidade podería chegar a aumentar a plantilla de traballadores.

"Por medio do 061 prestarase atención telefónica e apoio continuado aos coidadores non profesionais, complementando así a formación para este colectivo posta en marcha pola Consellería de Benestar.

..., o 061 de Galicia proporcionará un apoio telefónico e continuo no teléfono 902 400 116 aos coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia. Entre os contidos das funcións do teléfono de apoio contémplase a información e solucións ás situacións sanitarias non urxentes ou información sobre coidados asistenciais, probas médicas, prevención e hábitos saudables, centros e servizos sanitarios e, ademais, apoio psicolóxico.

O 061, durante a vixencia do convenio, analizará o volume de chamadas de cara ao análise da colaboración e instrumentación das sucesivas prórrogas, por si, no caso de detectarse un incremento da demanda, fora necesario a incorporación de persoal á plantilla actual."

Ler a nota de prensa compelta da Conselleria de Sanidade

Máis de 50 empresas aspiran á construcción do novo Edificio para o Centro de Emerxencias 112 de Galicia na Estrada. O pasado 28 de Abril remataba o prazo para presentarse no concurso público para a contrucción do edificio. A apertura económica está prevista para o 30 de Maio. Podedes seguir todolos detalles da licitación na web da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia

http://www.spigalicia.es/Galego/Licitacions/LicitacionsDetalle.aspxCodigo=PRES110301&paxOrixe=ABERTAS

A Sociedade Pública de Investimentos de Galcia, S.A. (http://www.spigalicia.es) ten na súa web os pregos de condicións para a construción do Edificio para Centro de  Emerxencias 112 de Galicia (PRES110301) na estrada. Nos pregos podemos encontrar referencias ao traslado do 061 a este edificio. Así na memoria constructiva, reserva espazo no primeiro andar do edificio para o 061, tamén na memoria descriptiva, onde detalla as estancias e superficies, na planta Entreplanta reserva para "outros servizos de Emerxencia": 12 postos locutores, 4 de médicos e 1 de supervisor, e na planta Primeira 3 despachos e 20 postos de traballo en zoas comúns. As previsión que manexa a Xunta é que o centro poida estar en servizo a finais do 2012.

Esperamos que a dirección do 061 informe pronto ao seus traballadores sobre os plans de traslado a este complexo, polo de agora so temos a información dos medios de comunicación e do D.O.G.

La voz de Galicia" na súa edición de onte (15/03/2011) facíase eco da próxima adxudicación do novo edificio para a Axesga (112) na Estrada. Na mesma noticia da por confirmado o traslado do servizo de atención telefónica do 061 as mesma dependencias.  Preguntarémoslle a nosa dirección que hai de certo nesta noticia.

 Ver aquí a noticia completa.

Máis artigos...