Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Cartel Folga Área Publica 8 de Xuño de 2010

Este fin de semana (13 e 14 de Marzo) celebrouse en Ourense o V Congreso Federal da CIG-Saúde. A sección sindical do 061 estivo presente con dous delegados: Charo Rúa (delegada pola Executiva) e Mario Otero (delegado pola Comarca de Compostela).

No Congreso definiuse a acción e organización sindical para os próximos anos, que se podería definir a grandes rasgos no titulo do congreso "Avanzando na defensa da sanidade pública e dos nosos dereitos".

Tamén se elixiu a nova Executiva Federal e á Secretaria Xeral, cargo para o que foi reelixida María Xosé Abuín.

A executiva quedou formada pola propia María Xosé Abuín e mais Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio, Manuel González Morerira,  Vitor Vila e Carme Aira.

No día de onte o presidente da Xunta visitou as instalacións remodeladas do 112. "O Goberno galego investiu 600.000 euros para evitar saturacións do servizo e mellorar as condicións dos traballadores", según fontes da propia Xunta de Galicia. E todo iso sin que a Inspección de  traballo abrise nengunha acta de infracción polas condicións dos traballadores!

Ler máis...

Estamos de estreo!!!

Hoxe inauguramos este novo espazo continuador do blog da Cig-Saude 061. O blog, nacido para manter informados aos traballador@s da actualidade sindical na Fundación, vai ser substituído por este novo espazo web que esperemos nos permita millorar a comunicación con vos.

PD: Agradecer dende aquí o traballo do compañeiro Fran da Comarca de Ferrol no desenrolo deste proxecto.

Os locais da Fegas están compostos por unha planta de 320 m2 de oficinas, 880 m2 de aulario, 128 m2 de almacén na planta baixa e cinco prazas de garaxe, nos que se gastaron 3.073.881,01 euros no 2003, como recolle a Conselleria de Sanidade nunha nota de prensa. A adquisición destes locais volve á actualidade polas denuncias dos medios de comunicación sobre posibles irregularidades na adquisición polo anterior goberno do PP.


O proxecto de reforma da Central de Coordinación non superaba os 400.000 € (inlcuía climatización, insonorización, asesos, vestiarios, sala de xuntas, despachos, etc) pero para isto non había cartos.
Mentras o 112 aumenta nun 50% as súas instalacións para aumentar 19 postos de teleoperador, no 061 metemos 35 no mesmo espazo agravando as condicións de traballo do persoal, que non esquezamos, foron froito de requirimento pola inspección de traballo xa en dúas ocasións. Lede toda a nota de prensa que non ten desperdicio. Esta é a diferenza entre unha boa xestión e a que nos levamos a sufrir anos. Cambiará co novo equipo directivo?

O CAE 112 Galicia duplicará o número de operadores para ofrecer maior axilidade á xestión de emerxencias "Así, o director explicou que a mellora e ampliación dos espazos físicos do CAE 112, supón un aumento da superficie das instalacións nun 50%.Concretamente, as medidas que se van levar a cabo son unha ampliación do 100% da sala de atención telefónica; o aumento do espazo destinado a operadores, traballadores e persoal en xeral –que pasa de 300 a 450 metros cadrados-; a mellora dos espazos operativos e de seguridade destinados a informáticos e persoal de apoio; así como dos espazos destinados a traballadores no referente a zonas de descanso, baños, vestiarios e a climatización do centro."
Facenomos eco dunha noticia públicado polo Diario Médico sobre o dereito a Folga no 061 de cantabria.

O Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria declara nunha sentenza que o carácter esencial do 061 non xustifica que a Administración manteña ao 100% a asistencia en caso de Folga, pois non se logaría a presión propia dun paro laboral.

Fonte: Diario Médico
O pasado 1 de setembro o Diario Oficial de Galicia publicou o Decreto 183/2008, do 31 de xullo, sobre extinción de fundacións públicas hospitalarias. Este decreto afecta ás:
  • Fundación Pública Hospital da Barbanza.
  • Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.
  • Fundación Pública Hospital de Verín.
  • Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés.
O decreto implica que o Servizo Galego de Saúde subrogarase na totalidade de relacións laborais do persoal incluíndo o non acollido ás respectivas ordes de integración das fundacións extinguidas. Os centros pasasn a integrarse como centros de xestión do Servizo Galego de Saúde. A disolución do 061 coma fundación non está contemplada polo de agora, ou sexa, o persoal xa é estatutario(o que se acolleu á orde de integración) pero o modelo de xestión segue a ser o dunha fundación pública.