Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 
A Cig-Saúde gañou de novo, e por 4 vez consecutiva, as eleccións sindicais no 061. Os resultados foron:
  • C.I.G. 32 votos, correspóndenlle 3 Delegados.
  • C.E.S.M. 26 votos, correspóndenlle 3 Delegados.
  • CC.OO. 19 votos, correspóndnelle 2 Delegados.
  • U.G.T. 11 votos, correspóndenlle 1 Delegado.
A participación foi de 81,7%
Felicitamos a tódolos traballadores pola alta participación no proceso e agradecemos a confianza depositada na nosa candidatura.

A CIG-Saúde gañou as eleccións sindicais no 061 obtendo 7 dos 17 delegados que se elexián onte, 28 de abril de 2016. Felicitamos a tódolos traballadores pola alta participación no proceso e agradecemos a confianza depositada nas nosas candidatura.

Ambito Area Sanitaria Delegados C.I.G. U.G.T. CC.OO. CESM SATSE CSIF
Estatutario A Coruña 1 1 0 0 0 0 0
Estatutario Compostela 9 3 1 2 3 0 0
Laboral Compostela 1 0 0 1 0 0 0
Estatutario Ferrol 1 1 0 0 0 0 0
Estatutario Cervo – Burela 1 0 0 0 0 0 1
Estatutario Lugo 1 0 1 0 0 0 0
Estatutario Ourense 1 1 0 0 0 0 0
Estatutario Pontevedra 1 1 0 0 0 0 0
Estatutario Vigo 1 0 0 1 0 0 0
17 7 2 4 3 0 1

 

Dende, o día 18 de marzo os dous helicópteros sanitarios do 061 sufrirán de novo, un recorte no seu horario de operatividade ata o 27 de setembro.

Os helicópteros sanitarios levan traballando en Galicia algo mais de 25 anos, durante todo este tempo estiveron operativos de orto a ocaso, isto quere dicir, durante todas as horas de luz. A partires do 18 de marzo e ata o 27 de setembro, os días teñen mais de 12 horas de luz, chegando no solsticio de verán aos días mais longos, con 16 horas de luz.

Cando fai algo mais dun ano, estes helicópteros pasan a ser xestionados polo 061, redúcese a operatividade nos días de verán a un máximo 12 horas, perdéndose así 380 horas destes aparatos.

Con este recorte horario calquera servizo na costa da morte, despois das 7 e media do serán, non pode ser atendido en primeira instancia por un recurso medicalizado, xa que por terra as medicalizadas mais próximas serían as de Santiago de Compostela ou da Coruña, calquera delas a mais dunha hora de distancia, e o helicóptero operativo estaría en Ourense. O mesmo pasaría con toda a mariña Lucense, con unha ambulancia en Foz, moitas veces desprazada aos hospitais de referencia. Pola contra, a primeira hora da maña, a zona de Galicia desprotexida é a provincia de Ourense e a montaña de Lugo, que non terán helicóptero ata as 9 e media da mañá.

Ler máis...

Hoxe, luns 7 de marzo de 2016, a Plataforma 112-061, recollerá sinaturas en contra do traslado á Estrada, na mesa informativa que teremos na Praza do Toural, de Santiago de Compostela a partires das 11:00h.

Este xoves 12 de novembro celebrouse unha concentración en contra do traslado Á Estrada na praza do obradoiro. Persoal do 061 e 112 convocados polas respectivas xuntas de persoal concentráronse na Praza do Obradoiro para protestar polo traslado do persoal de estes dous servizos ao concello de A Estrada.

A concentración contou coa presenza do Alcalde de Santiago, Martiño  Noriega de Compostela Aberta, así como a de Paco Reyes do PSdG e Rubén Cela do BNG, que quixeron así manifestar o seu apoio as nosas reclamacións.

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2015/11/14/personal-061-112-rechazan-irse-estrada/0003_201511D15C5993.htm

http://galiciae.com/noticia/463958/santiago-respalda-el-no-del-112-y-el-061-un-traslado-estrada

 

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/26627-santiago-xunta-traslade-emerxencias-estrada-favor-mudanza

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/11/13/personal-061-112-exigen-seguir-santiago/0003_201511S13C39917.htm

 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/trabajadores-112-061-concentran-su-traslado-estrada/idEdicion-2015-11-12/idNoticia-963637/

O alcalde de Santiago recibiu o pasado martes 10 de novembro á Xunta de Persoal do 061. Martiño Noriega expresounos o respaldo do Concello ás nosas reclamacións en contra do traslado ao concello de A Estrada, por canto a situación lle afecta a 250 familias da cidade.

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/martino-noriega-reitera-rexeitamento-do-concello-ao-traslado-do-061/idEdicion-2015-11-10/idNoticia-963260/

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=13764&lg=gal

 

CartazConcentracion12Novembro2015

Os proxecto de presupostos da Xunta de Galicia para 2106 (http://www.conselleriadefacenda.es/orzamentos2016) consigna  1.000.000 de euros para o traslado do 061 ao concello de A Estrada.

A memoria dos presupostos para o 061 indica:

"Entre os obxectivos máis importantes a acadar no 2016 están os seguintes:

-No orzamento de 2016 está previsto o traslado das dependencias do 061, ás novas instalacións do edificio ubicado en A Estrada."

http://www.conselleriadefacenda.es/orzamentos/2016/PR/MEM_II_V2_FR02.PDF

O detalle dos presuposto para 061 consigna un gasto no concello da Estrada de máis de 1.500.000 euros, correspondentes entre outros aos gastos os de traslado e mantemento das novas instalacións.

http://www.conselleriadefacenda.es/orzamentos/2016/PR/FUNDACIONS_FR16.PDF

Outras novas relacionadas co traslado:

O PSOE denuncia que o custe do traslado do 061 é de un millón de euros

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/10/26/psoe-denuncia-coste-traslado-061-millon-euros/0003_201510S26C3995.htm

 O Foro Cívico visita o 061 e exixe que sega en Santiago

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2015/10/22/foro-civico-visita-061-exige-siga-santiago/0003_201510S22C4994.htm

Máis artigos...