Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Aberto o prazo para a solicitude da Carreira Profesional para o seguinte persoal integrado:

  • Grao II de carreira profesional do persoal das categorías de diplomados sanitarios
  • Grao III de carreira profesional do persoal das categorías de licenciados sanitarios
  • Grao II para as categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional
  • O prazo para presentar as solicitudes remata o 11 de Decembro de 2009.

    No DOG de hoxe 26 de novembro saen publicadas as resolución polas que se abre o prazo para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de licenciados sanitarios, categorias diplomado sanitario e categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007 solicite o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional.

    Publícanse 3 resolución:

    Unha para categorías de licenciados sanitarios.

    Unha para categorías de diplomado sanitario.

    Unha para categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.

    As solicitudes deben cubrirse en FIDES e despois presentalas a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

    A solicitude das categorias de diplomado sanitario e e xestión e servizos e sanitarias de formación profesional deberán dirixirse ao comité de avaliación da entidade en que prestase servizos a 30 de xuño de 2008.

    A solicitude das categorias de licenciado sanitario deberá dirixirse á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.

    O prazo para presentalas solicitudes iniciase mañan e finaliza o 31 de xaneiro de 2009.

    Publicada no DOGA de hoxe, luns 3 de Novmebro de 2008 a orde de carreira profesional do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007

     

    O próximo paso será a publicación da resolución do Grao I para que o persoal que cumpra os requisitos de acceso a carreira poida facer a súa solicitude. Non debería tardar moito.

    Despois dunha longa e dura negociación no decreto de estatutarización consiguese que o tempo traballado nas fundacións como laboral sea contado como o estatutario do Sergas para aquelas persoas que se estatutaricen no seu posto de traballo ca seguinte redacción (cap. 8 da orde de integración):
    Tras o remate dos procesos de integración que se regulan neste decreto establecerase o procedemento para que o persoal fixo en 31-12-2005, que tivese optado pola súa integración no réxime estatutario, poida acceder ao recoñecemento previo do nivel do desenvolvemento profesional, de conformidade co disposto no Decreto 155/2005, do 9 de xuño, de réxime extraordinario de recoñecemento e desenvolvemento do persoal estatutario
    Convocase por primeira e única vez unha convocatoria extraordinaria, onde só se vai pedir tempo traballado e obxetivos e queda por negociar o baremo para o reximen ordinario (agora mesmo en proceso de negociación) no que se valorarán outros “ítems” (formación, docencia, implicación coa empresa, etc.).
    A Lei 7/2003, de 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, e a Lei 55/2003, de 16 de decembro, do estatuto marco do persoal das institucions sanitarias do Sistema Nacional de Saúde refirense á carreira profesional como "o dereito dos profesionales a progresar de forma individualizada, con recoñecemento do seu desenvolvemento profesional en canto a coñecemento, experiencia e cumprimento dos obxetivos da organización na que prestan os seus servicios".

    Ditas previsions lexislativas impoñen ás administracions sanitarias o desenvolvemento reglamentario do sistema de recoñecemento do desenvolvemento profesional.

    O deseño do sistema de recoñecemento (complicado) debe adaptarse ás peculiaridades intrínsecas á respectiva profesión ou colectivo. Con tal motivo, aparece un tratamento diferenciado do sistema de recoñecemento do desenvolvemento profesional dos diferentes colectivos (a desarrollar no reximen ordinario).

    En consecuencia, o sistema estructurase en catro graos. O acceso a estes graos é voluntario para o profesional que deberá acreditar a experiencia profesional mínima esixida para cada un deles e solicitalo.


    Licenciados Sanitarios

    • Grao I: 5 anos.
    • Grao II: 12 anos.
    • Grao III: 18 anos.
    • Grao IV: 23 anos.
    Diplomados Sanitarios, Licenciados non sanitarios e resto categorías
    • Grado I: 5 anos.
    • Grado II: 12 anos.
    • Grado III: 19 anos.
    • Grado IV: 25 anos.

    Requisitos

    • Ostentar a condición de persoal estatutario con praza en propiedade nas institucions sanitarias do SERGAS.
    • Estar en situación de activo, no momento da solicitude.
    • Acreditar o tempo de experiencia profesional na mesma categoría para cada grao.
    • Haber participado nos 5 exercicios inmediatamente anteriores á data da solicitude nos obxetivos asistenciales, (complemento de productividade variable) da institución do Sergas na que estivese prestando servicios, e acreditar o seu cumprimento nun 70% en cada uno dos 5 exercicios ou nun 75% de promedio.
    • Haber acreditado o grao inmediatamente inferior ó solicitado, para os casos do grao II e sucesivos.
    É o estatuto Marco o que inclue no recoñecemento de carreira un concepto retributivo.

    Licenciados sanitarios: 3000 € por grao
    Diplomados sanitarios: 1950 € por grao (implantación progresiva 1750/ 1800/ 1875/ 1950 € )
    Xestión e servicios: Todos tamén de implantación progresiva ata o 2011
    • A:2500 € por grao
    • B:1750 € por grao
    • C:1180 € por grao
    • D:1000 € por grao
    • E:800 € por grao
    Máis artigos...