Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Calendario de mobilizaciósn contra o Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público:

XOVES 9 DE FEBREIRO, 11:30 hs: Concentración conxunta de Área Pública en San Caetano contra o Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público.

XOVES 16 DE FEBREIRO, 11:30 hs: Concentracións nos Centros de Traballo que se determinen en cada comarca, en contra do Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público.

XOVES 23 DE FEBREIRO, 19:00 hs: Concentracións conxunta nas 7 cidades contra o Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público.

 

 NON AOS RECORTES!!!

MOBILÍZATE!!!

CIG-Saúde rexeita as medidas de recortes para os/as empregados/as públicos/as que foron hoxe presentadas pola Conselleira de Facenda e o Director Xeral de Función Pública, non só por recortar dereitos laborais senón porque o que se pretende con estas medidas é rematar coa prestación da asistencia sanitaria. Se se trata de xestionar eficientemente, non entendemos porqué se recorta sempre a traballadores/as e non se introducen outro tipo de medidas para combater a crise, sempre se prexudica aos máis débiles, a clase traballadora. As medidas anunciadas van ser especialmente lesivas coas persoas aspirantes das listas de contratación e con aquelas que actualmente están contratadas con vínculos temporais, o que agravará o paro entre os/as traballadores/as de todas as categorías da Sanidade.

Estas medidas concrétanse en:

  • Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual.
  • Redución obrigatoria dun terzo de xornada para o persoal actualmente contratado con vínculos temporais e interinos, coa correspondente redución retributiva. Como medida benefactora, o persoal fixo tamén poderá optar voluntariamente por solicitar unha redución de xornada dun terzo, coa correspondente redución retributiva.
  • Consolidación de contratos inferiores á xornada legalmente establecida.
  • Xubilación forzosa aos 65 anos, aplicando a taxa de reposición, podéndose dar excepcións individuais.
  • Perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal durante os primeiros 21 días (remítese á lexilación xeral da Seguridade Social: os 3 primeiros días non haberá retribución, do 4º ao 15º percibirase o 60%, que pagará a empresa, e do 16º ao 21º percibirase o 75%, que pagará a Seguridade Social).
  • Regularase en Mesa Sectorial do SERGAS a xornada non inferior a 37,5 horas semanais.
  • Eliminación da Acción Social (desaparece a axuda por gardería, mellora por fillo/a...). 

Estas medidas son inasumibles na súa totalidade, precarizan ainda máis as condicións laborais e salariais dos/as empregados/as da Sanidade, polo que precarizan a prestación da asistencia sanitaria. A quén prexudican estas medidas? Ao persoal fixo e temporal do SERGAS, ás persoas aspirantes das listas de contratación, pero, sobre todo,  a toda a cidadanía usuaria do servizo da Sanidade Pública, posto que ao precarizar e empeorar as condicións laborais, reducindo persoal e aumentando cargas de traballo, diminúe a calidade da asistencia sanitaria.

NON O PODEMOS PERMITIR. MOBILIZÁTE!!!

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de avalar cunha sentenza a estaturización do persoal das fundacións, logo de que determinadas persoas instigadas por algunha central sindical, puxeran unha demanda en contra da estaturización, O T.S.X. desestima a demanda e respalda o proceso de integración do persoal das fundacións no SERGAS.

CIG-Saúde dende o principio defendeu o proceso de estaturizacion, como a mellor fórmula para que o Sergas recuperase o patrimonio que estaba cedido a entidades sometidas ao dereito privado, e foi o único sindicato que se personou no proceso en defensa da legalidade da integración do persoal (a través do seu avogado Hector López de Castro).

Son decretos abertos para que o SERGAS desenvolva medidas de mobilidade do persoal e non de captación de novos profesionais. Crean un marco normativo de xestión que supera os límites xeográficos das actúais áreas sanitarias. Os doentes crónicos son remitidos ó plano integramente sociosanitario, sector que esta administración pretende privatizar na súa totalidade.

Lexitiman unha serie de medidas de flexibilidade laboral:

  • Mobilidade xeográfica ou funcional para garantir a asistencia sanitaria.
  • Cláusulas nos nomeamentos temporais para prestar servizos noutras áreas.
  • Traslados FORZOSOS entre os niveis de asistencia dunha área: Primaria Especializada.
  • Medidas de integración noutras categorías mediante reclasificación profesional.
  • Nomeamentos por acumulación de tarefas, obra e servizo sen xerar novas prazas vacantes ( nin a traslados nin á ope) nin estabilidade no sistema: + precariedade laboral.
  • As próximas convocatorias de ope serán para repoñer plantillas: Se non se xeran novas prazas, se aumenta a idade xubilación, se desaparecen categorías de persoal de xestión e servizos, reconverténdose noutros estamentos, O NÚMERO DE PRAZAS SERÁ RIDÍCULO.

REXEITAMOS estes decretos porque están feitos nun contexto económico que dificulta a creación de novas prazas , e só está feito para propiciar a movilidades + reconversión do persoal do sergas.

CIG-SAÚDE SOLICITA A SÚA RETIRADA

Queremos iniciar unha negociación real, que posibilite un acordo cun amplo apoio social, na procura dun sistema sanitario público de calidade.

Informate nas asambleas que se van realizar en tódalas comarcas: En Santiago será o Venres 29 de Outubro ás 12:00 no Salón de Actos do Hospital Clínico.

En referencia á nota interior 4/2009 de 2 de Novembro de 2009 e ao correo electrónico do 5 de marzo de 2010, ambos da Directora de Xestión e Servizos Xerais sobre "Cumprimento de Xornada" de aplicación ao persoal non sanitario da fundación , a Cig-Saúde 061 quere deixar clara as súa posición:

Ler máis...

A  LEI 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público. «BOE» 89, do 13-4-2007 (EBEP) recolle no seu artigo 48.2 que: "Ademais dos días de libre disposición establecidos por cada Administración pública, os funcionarios terán dereito ao desfrute de dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo."

O que nos da a seguinte táboa:

Trienio L.D.
9
11
11
12
13
10º 14
11º 15

O dereito ao aproveitamento desdes días adicionais de libre disposición nace ao día seguinte do cumprimento trienio.

Tendo en conta que o persoal do Servizo Galego de Saude ten establecido un rexime de xornada anual, e consonte ao establecido para os días adicionais de vacacións na circular 14/2004 de 7 de Maio  da División de Recursos Humanos sobre a ampliación de días de vacacións por antigüedade, os incrementos por riba dos 9 días de libre disposición suporá a correlativa disminución da xornada efectiva dos trablladores afectados. Esta reducción computarase a razón de 7 horas anuais por cada día adicional.

En canto aos día hábiles adicionais de vacacións, danse por antigüidade a razón de:

Antigüidade Días Adicionais Vacacións
15 anos 1
20 anos 2
25 anos 3
30 anos 4

A valoración da Folga do 16 de Decembro: "Os acordos hai que respectalos: Temos Dignidade" no 061 non pode ser positiva debido ao baixo indice de particiapación. Ben é certo que os servizos mínimos decretados unilateralmente (non houbo acordo co Comité de Folga) pola administración, do 100% do persoal sanitario e por riba do 25% no persoal non sanitario, fixeron bastante dificil aderirse a esta protesta. 

Ainda así no conxunto da Sanidade Galega temos que facer unha valoración positiva, reproduzco o comunicado de valoración da Secretaria Xeral da Cig-Saúde:

 

Ler máis...

Máis artigos...