Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O pasado 14 de Outubro de 2013 celebrouse  xuntanza da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións. De entre todos os temas tratados destacamos os seguintes por estar relacionados co 061.

1. Información xeral do Pacto.

Informáronnos das previsións de publicación de listaxes de contratacións pendentes:

Na segunda quincena de novembro, listas provisionais de admitidos e excluídos e de baremación das categorías afectadas polo procedemento de actualización de listas.

As listas de médicos de familia e as de médicos/as do 061 sairán no primeiro trimestre do 2014.

5. Rogos e preguntas.

Dende CIG-SAÚDE reclamamos que o prazo de 15 días de revogación de contratos que establece o pacto son para a presentación das reclamacións. Non é culpa do reclamante que as comisións se reúnan mensualmente e se atopen con que se desestiman por estar fóra dos 15 días. Segundo a Admón. o pacto é claro neste punto e establece 15 días para a revogación, e di que as comisións periféricas teñen que resolver antes dos 15 días.

Dende CIG-SAÚDE entendemos que a lista xeral de enfermería e a lista de enfermeria do 061 son a mesma categoría, polo que solicitamos que se puntúen os mesmos conceptos (curta duración da xeral que puntúa na do 061). A Admón. entende que aínda que son a mesma categoría, ao ter listas independentes, funcionan coma se fosen categorías distintas. Polo que a puntuación das listas de curta duración da lista xeral, non puntúa nas listas do 061.

Dende CIG-SAÚDE solicitamos que en listas compatibles (enfermería xeral e do 061) as persoas con vinculación de longa duración figuren como non dispoñibles na outra categoría. A Admón. di que manteñen o acordo do 4 de xullo de 2006 no que en categorías compatibles do mesmo ou superior nivel se ofertarán por unha vez os contratos de longa duración aínda que estea vinculado con contrato de longa duración en categoría distinta.

Dende CIG-SAÚDE solicitamos que as penalizacións que se aplican na lista de enfermaría 061 se apliquen na de enfermería xeral e viceversa. A Admón. entende que aínda que son a mesma categoría, ao ter listas independentes, funcionan coma se fosen categorías distintas. Polo que non aplican as sancións dunha lista na outra e viceversa.

Podedes consultar a totalidade da información sobre esta xuntaza da Comisión Central aquí

Publícase hoxe en DOG a resolución que abre a inscrición nas listas de contratación das categorías de Grupo técnico da función administrativa, Grupo de xestión da función administrativ, Enxeñeira/o técnica/o. Poderanse formalizar as solicitudes desde o día 27 de xuño ata o 26 de xullo de 2013. Os méritos computables serán os causados ata o día 11 de xullo de 2013 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

  • RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

O seguimento das listas de ámbito autonómico do 061 (Enfemeir@, Médic@ Coordinador e Médic@ Asistencial) farase dende a Comisión Periférica de Seguimento da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela. As competencias de esta comisión son:

  1. Coñecerán en única instancia, sen prexuízo dos recursos que procedan, de todas as incidencias e reclamacións que se produzan no procedemento de selección de persoal estatutario temporal do seu respectivo ámbito, formulando as oportunas propostas de resolución vinculantes, ás xerencias correspondentes, para o seu traslado, de ser o caso, ás persoas interesadas.
  2. Exercerán o control da execución dos chamamentos das persoas aspirantes en todo o seu ámbito.
  3. Controlarán o proceso de validación dos méritos achegados polas persoas aspirantes coidando de que tal validación se efectúe conforme este pacto e as instrucións que para tal efecto se diten no seu desenvolvemento.
  4. As demais explicitamente recoñecidas no pacto de contratación.

Dita comisión reúnese de forma ordinaria unha vez ao mes.

 O D.O.G. de hoxe, 23 de Maio de 2013, publica a  RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

As listas entrarán en vigor con efectos do 27 de maio de 2013.

Esta resolución pon fin á vía administrativa. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

As listas poden consultarse na páxina web do sergas:

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91427

 

O D.O.G. de hoxe, 7 de Maio de 2013, publica a RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría sanitaria de enfermeiro/a.

Esta resolución pon fin á vía administrativa. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

As listas entrarán en vigor con efectos do 15 de maio de 2013.

 

As listas poden consultarse na páxina web do sergas:

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91415

 

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 

Esta  resolución abre o prazo de inscrición do 4º proceso, para as categorías de:

1. Persoal médico de familia.
2. Persoal médico de urxencias hospitalarias.
3. Pediatra de Atención Primaria.
4. Médico/a coordinador/a do 061.
5. Médico/a asistencial do 061.

6. Médico/a especialista en medicina do traballo.

Para esta primeira xeración de listaxes, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas. As listas xeraranse coas persoas inscritas ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listaxes serán os causados ata o día 30 de xuño de 2012 coa puntuación e número de orde que resulte da aplicación dos baremos.

Hoxe 28 de novembro de 2011 o D.O.G. publica a Resolución do 24 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Tedes ata o 15 de xaneiro de 2012 para formalizar as solicitudes. Os méritos computables serán os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do prazo

Máis artigos...