Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

Publicadas, hoxe no D.O.G. as listas definitivas para vinculacións temporais para D.U.E. do 061. Podes consultar o texto integra da resolución aquí.

As listas poden ser consultadas na intranet da fundación, nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e dos centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). (Listado definitivo admitidos)

As listas entran en vigor dende a súa públicación, é dicir hoxe.

Información remitida polo SERGAS: Resoltas as reclamacións presentadas contra a publicación das listas provisionais da categoría de persoal de enfermería no ámbito do 061, as listas definitivas publicaranse o vindeiro martes 14 de setembro

Convocadas listas de contratación automáticas do mes de xullo, entre as categorias convocada está  DUE no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polo que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS-DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas, e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nO 104 de 1 de xuño de 2004, a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006  (DOG n° 90 de 11 de maio), e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 na Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos (DOG n° 77 de 26 de abril). O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 15 de xullo do 2010, ámbolos dous inclusive.


Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

O D.O.G. publica hoxe a Resolución do 21 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario deste servizo, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados. Entre elas está a Categoría Médico Coordinador do 061.

Ábrese o prazo de 15 días hábiles para persentar:

  • Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo.
  • Certificado médico oficial no cal se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da especialidade.

Esta resolución pon fin a vía administrativa.

Fonte: D.O.G.

 

Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais, na categoría de persoal de enfermaría (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Hai 15 días naturais para presentar as solicitudes.

Texto completo da resolución

Na  Comisión de Seguimento do Pacto de Vinculacións Temporais celebrada o día 16 de Abril de 2010, tratáronse as alegacións presentadas polas Organizacións Sindicais ao borrador de Resolución para a elaboración da lista de contratación de D.U.E. para o 061. Temos que dicir que todas as nosas alegacións fóron rexeitadas polo Sergas e resto de OO.SS., ... ben todas non ..., aceptaron que as listas se publiquen na páxina web do Sergas.

Tamén comentar que de esgotarse as listaxes do 061, para efectuar os chamanetos polas listaxes xerais do SERGAS utilizarase a listaxe da área sanitaria onde se produza a necesidade de cobertura.

O Sergas fíxonos chegar o borrador do texto da convocatoria de selección temporal de DUE para o 061. Esta aberto o prazo de alegacións por parte das OO.SS. ata o 7 de Abril.

Texto  do Borrador

Máis artigos...