Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

A CIG-Saúde gaña as eleccións a delegado de persoal do 061 no Area Sanitaria de Ferrol, con un 69,23% de participación, a CIG-Saúde obtivo 5 votos fronte aos 4 da candidatura de CESM Galicia-O'MEGA.

Os membros das candidaturas da CIG-Saúde na Area Sanitaria de Santiago queremos, en primero lugar, felicitarvos polo altísimo grado de participación nas eleccións sindicais de hoxe ( 82,2% en estatutarios, 94,4% en laborais). En segundo lugar, agradecervos o voso apoio, que nos levou unha vez máis a ser os gañadores das eleccións. Esperamos que o noso traballo nos próximos catro anos sexa merecedor do voso apoio.

Xunta de Persoal

CIG-Saúde, 27 votos, 2 Delegados.

CC.OO., 24 votos. 2 Delegados.

CEMS Galicia - O'MEGA, 14 votos, 1 Delegado.

UGT, 9 votos, 0 Delegados

Delegado de persoal laboral

CIG-Saúde, 7 votos, 1 Delegado.

UGT, 5 votos, 0 Delegados.

CC.OO. 5 votos, 0 Delegados.

Os horarios de votación nas eleccións sindicais do día 19 de Xaneiro de 2012 son:

 

Area Sanitaria Centro de Traballo Horario electoral
Santiago - Estatutarios Base de Santiago 08:00 - 10:30
Santiago - Estatutarios Conxo 11:00 - 13:00
Santiago - Estatutarios Central 14:00 - 18:00
Santiago - Laborales Conxo 08:00 - 10:00
Santiago - Laborales Central 10:30 - 12:30
Ferrol Base de Ferrol 09:00 - 13:00
Pontevedra Base de Pontevedra 10:00 - 11:00
Vigo Base de Mos 09:00 - 13:00
Lugo Base de Lugo 09:00 - 12:00
Ourense Base Ourense Ambulancia 09:00 - 13:00
A Coruña Base de A Coruña I 09:00 - 13:00
Foz Base de Foz 08:00 - 12:00

Aproveita o teu voto, vota CIG-SAUDE

Recuperar as institucións de representación dos traballadores e a capacidade negociadora das mesmas. Na Cig-Saúde cremos que o lugar axeitado, para debater os nosos problemas son as asembleas de traballadores e as reunións da Xunta de Persoal, e para negociar coa Dirección as Xuntanzas entre esta e a Xunta de Persoal. Non podemos volver ter outros 4 anos de parón.

Seguiremos a loitar pola creación das prazas de DUE de Coordinación e as correspondentes a Base de Foz, Médico e DUE asistencial. Seguiremos a demandar unha ferramenta de cuantificación de necesidades e dotación de plantillas que permitir facer aflorar prazas somerxidas.

Debese completar as reformas dos centros de traballo pendentes: coa apertura da nova base de Ferrol e o acondicionamento da actual base de Santiago.

Convocatoria das Xefaturas tanto sanitaria como non sanitarias, ocupadas de forma provisoria desde a estaturización, conforme a regulación do SERGAS.

Sigue a actualidade das eleccións sindicais no 061 en http://www.cig-saude.org/061/

Aproveita o teu voto, vota: CIG-SAÚDE

19 de Xaneiro, Eleccións Sindicais no 061

Presentamos as candidatura da CIG-Saúde a Delegado de Persoal nas diferentes áreas sanitarias nas eleccións sindicais que se celebrarán o vindeiro 19 de Xaneiro de 2012:

Área Sanitaria de A Coruña: Juan Chacón Lista

Área Sanitaria de A Mariña: Jaime Rodríguez Mosquera

Área Sanitaria de Ferrol: Carlos Fernández Otero

Área Sanitaria de Ourense: Xoán Manuel García Moure

Área Sanitaria de Pontevedra: Camilo Cores Cobas

Área Sanitaria de Vigo: Eva Castro Balado

Delegado de persoal Laboral Santiago de Compostela: Miguel Angel Hermida Iglesias

Neste últimos 4 anos traballamos para mellorar a comunicación de información aos traballadores superando as barreiras xeográficas dadas polo ámbito nacional do 061 , para elo creamos a páxina web da sección sindical do 061 http://www.cig-saude.org/061/, tamén creamos un correo electrónico para estarmos en contacto con vos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Neste tempo presentamos máis de 40 escritos e denuncias, tanto no ámbito das condicións de traballo como no da saúde laboral, diante da dirección do 061 como do Sergas.

Participamos activamente na negociación do plan funcional do 061, aínda que nono asinamos ao considerar que incluía aspectos negativos para os traballadores: permisos para formación interna, ámbito das gardas, obxectivo do CPV, etc. Desafortunadamente o tempo deunos a razón, con un plan que nalgúns aspectos nin sequera se cumpre, por exemplo os calendarios de traballo e vacacións da central.

Puntos que incluía o noso último programa electoral que foron acadados neste tempo:

Redución de xornada para o persoal de enfermería en función do número de noites

Redución de xornada en recurso en persoal de enfermería de base dobre pola prestación do servizo de helicóptero.

Negociación de un réxime de ponderación de xornada para o persoal facultativo que traballe en réxime de quendas.

Mellora dos centros de traballo con deficiencias: reforma da central de coordinación, etc...

Desaparición do concepto de “gardas”, toda a xornada realizada en calquera base ten a consideración de xornada e polo tanto retribúese a prezo de xornada.

Retribucións dos médicos que fan turnos do concepto de noites e feirados.

 

A candidatura da CIG-Saúde á Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, nas eleccións sindicais que se celebrarán o vindeiro 19 de Xaneiro de 2012, esta formada por:

  1. Mario Otero Díaz  (Infomático)
  2. Rosario García Rúa (Médico Asistencial)
  3. Corsina Prado Pico (Médico Coordinador)
  4. Diego Abeijón Martínez (DUE Coordinador)
  5. Ramón Pampín Gómez (DUE Asistencial)
  6. Ángel Chayán Zas (DUE Coordinador)
  7. José Ramón Meis Fernández (Médico Coordinador)
  8. José Antonio Díaz Vázquez (Médico Asistencial)

Sen dúbida, a candidatura máis representativa e plural, coa que queremos recoller e dar resposta ás demandas e inquietudes de  tódol@s traballador@s do 061.  

Este mes de Xaneiro celebraranse eleccións sindicais no 061. Estas eleccións son as primeiras que se realizan como persoal estatutario, e nunha situación conxuntural que fai que a vosa participación no proceso sexa, si cabe, mais importante. Ante a negativa de algunhas organizacións sindicais a constituír unha única xunta persoal para todo o 061, as eleccións celebraranse no ámbito de Area Sanitaria tal e como recolle a normativa básica.

Nas áreas con mais de 50 traballadores elixirase unha xunta de persoal, onde non se chega aos 50 traballadores elixiranse delegados de persoal:

  • A Coruña: 1 Delegado de persoal
  • A Mariña (Foz): 1 Delegado de persoal
  • Ferrol: 1 Delegado de persoal
  • Lugo: 1 Delegado de persoal
  • Ourense: 1 Delegado de persoal
  • Pontevedra: 1 Delegado de persoal
  • Santiago de Compostela: Xunta de persoal (5 membros)
  • Vigo: 1 Delegado de persoal

O proceso electoral en Compostela comezou o  pasado día 21, coa constitución da mesa electoral.  A Xunta de Persoal de Compostela componse de 5 representantes, e inclúe os centros de traballo de Conxo, San Marcos e Base da AM744 / H3.

A campaña electoral será do 14 ao 17 de Xaneiro, neste período aproveitaremos para presentarvos a nosa candidaturas e o noso programa.

O día 18 de Xaneiro será a xornada de reflexión.

As eleccións celebraranse o día 19 de Xaneiro co seguinte horario:

- De 08:00 a 10:30 Base Medicalizada de Santiago.

- De 11:00 a 13:00 Oficinas de Conxo.

- De 14:00 a 18:00 Central de Coordinación.

Podedes votar en calquera centro independentemente de onde esteades censados.

Si non podedes acudir a votar ese día, xa podedes solicitar o voto por correo.

No resto de áreas as mesas electorais constitúense o día 12 de xaneiro, xa que a normativa e prazos do calendario electoral para elixir delegados de persoal é diferente a das xuntas de persoal. A mesa é a que fixa o calendario, pero a intención as organizacións sindicais é que as eleccións se celebren todas o día 19 de xaneiro.

Como sempre, estamos a vosa disposición para resolver calquera cuestión ou asesorarvos en  calquera tramite do voto por correo.

Máis artigos...