Procurar

Enquisa

O novo decreto de transporte abre a porta a que as Ambulancias medicalizadas leven un so técnico de transporte Sanitario. Que che parece esta medida?
 

Novas CIG Saúde

O plano funcional debe ser entendido como unha ferramenta de xestión que poña en equilibrio os intereses da empresa e os dereitos laborais das traballadoras/es, nunca pode ser entendido como unha ferramenta onde a Dirección da empresa manteña arbitrariedades, facendo interpretacións da norma que non sabemos a quen benefician, pero que a longo prazo será prexudicial para todas/os.

Ler máis...

O 8 de Febreiro de 2010 celebrouse nas Oficinas de Conxo Reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061, cos seguintes puntos na orde do día:

  • Lectura e aprobación das actas anteriores.
  • Peche da negociación do Plan Funcional.
  • Proceso de cobertura dos postos de xefatura e especial responsabilidade.
  • Cobertura das xefaturas de sala vacantes.
  • Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos ofrecemos da reunión:

 

Ler máis...

O 28 de Xaneiro de 2010  celebrouse nas Oficinas de Conxo Reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. Este é o resumo que vos ofrecemos da reunión.

 

Ler máis...

Reunion do comité de empresa do  3 de decembro de 2009

 

Dado o inmobilismo do equipo directivo dende a ultima reunión e dada a gran cantidade de asuntos pendentes, tivemos unha reunión dos membros do Comité de Empresa o dia 3, desta reunión saíu solicitar unha reunión urxente o dia o dia 10 deste mesmo mes coa Dirección cos seguintes puntos a tratar:

 

1.       Solicitude das quendas de traballo de todo o persoal sanitario para o ano 2009 (asistencial e coordinación)

2.       Reconto horario dos anos 2008 (pendente) e 2009, do mesmo colectivo

3.       Regularización das localizacións e xornada complementaria da central de coordinación.

4.       Comisións e obxetivos de medicos coordinadores e DUEs de consulta, pendentes de presentar aos representantes dos traballadores.

5.       Turnos de DUEs de coordinación

6.       Prazas pendentes de aprobar do 902 e situación contratos temporais.

7.       Reparto de vacacións do ano 2010 da Central

8.       Calendario de negociación do plan funcional

 

Temos ademais outros moitos temas que nos preocupan, como os temas de saúde laboral que se incumpren reiteradamente, os nomeamentos de destino que seguen sen entregárnolos, a convocatoria  polo decreto 206 dos postos de responsabilidade, as listas de contratación que no caso de enfermería chegase a chamar por “orde alfabético” a persoas que non se presentaron a OPE, re negociación do concurso de mobilidade, prazas pendentes de convocar (tanto en area asistencial como en coordinación), etc.,etc., pero parecíannos demasiados temas para unha soa reunión.

Hoxe, día 7 de Outubro celebrouse en Conxo reunión entre a Dirección do 061 e o Comité de empresa. Pasamos a informar dos asuntos tratados
Presentación dos acordos adoptados polo Padroado da Fundación na reunión do día 5 de Outubro:
O director informa:
- Dos cambios na composición do Padroado.
- Da creación dun posto de Coordinador de Enfermaría.
- Do cambio da praza de Xefe de Servizo de Tecnoloxía a un perfil non sanitario.
- O máis axiña posible serán nomeados estes dous cargos.
- Ratificación das Directoras Asistencial e de Xestión e Servizos Xerais.
- Nomeamento formal do Director de Coordinación.
- Aprobación do traslado das bases de Mos, Pontevedra e a acondicionado da base de helicoptero de Ourense. Pendentes do tema presupuestario, sen datas previstas.
- Aproveitando os temas das obras preguntamos por:
Nova base de Ferrol: É necesario contratar unha obra menor no garaxe. Non se trasladará ao persoal ata que se remate esta obra. Non dan prazos.
Nova base de A Coruña: É necesario contratar unha obra menor no garaxe. Non se trasladará ao persoal ata que se remate esta obra. Non dan prazos.
Central: O proxecto de reforma previsto non se pode executar debido a que nunca tivemos cedidos os espazos necesarios para executala reforma. Agora propoñen elaborar un novo proxecto de climatización e renovación de aire que afecte exclusivamente a sala de coordinación e ao CPD. É tal compromiso por solucionar o asunto que a dirección NON da prazos nin para presentar o proxecto. (O último proxecto levou máis de ano e medio para acabar tirandoo ao lixo)
A insonorización, os novos asesos, os vestiarios, etc ... (esixidos pola inspección de traballo e que si estaba no proxecto orixinal) terá que esperar no limbo dos xustos, si é que existe.
Rogos e preguntas:
Calendario de Navidade e 2010 da central?
É unha prioridade para o novo director de coordinación.
Pago gardas localizadas activadas na central?
Pendente de pronunciamento do Sergas.
Prazas 902 (Médicos e DUES)?
Denegadas polo Sergas.
Funcións do coordinador de enfermaría?
Estanse perfilando aínda.
Obxectivos de Coordinación?
É unha prioridade para o novo director de coordinación.
Regularización de trienios como estatutario (previos a estaturización)?
Na nómina de Outubro saldaranse co 90% dos traballadores pendentes deste asunto. O outro 10% terá que esperar.
Figura de Xefe de Garda?
O director plantexa que está a estudiar un cambio xeral na figura dos Xefes de Sala e Xefes de Garda de Coordinación.
Volvemos pedilos nomeamentos.
Volvemos pedir os recontos horarios de coordinación de 2008 e a previsión para 2009, e xa van unhas cuantas veces.
Dues Coordinación
O Director de coordinación informa de que se vai aumentar o número de DUEs por quenda na central de coordinación (xa empezaron hoxe, agora: 3 de mañan, 3 de tarde 2 de noite), así como que os próximos calendarios de DUES abandonaran as quendas de 12 horas para voltar a o sistema tradicional (7 horas de mañan, 7 de tarde e 10 de noite). Pedimos os calendarios oficiais de DUES de coordinación. Entregaron unha copia sen asinar e sen selar.
Preguntamos si a Dirección ten un calendario de negociación do plan funcional?
A intención da dirección é rematala negociación o antes posible, pero non se marca ningunha reunión.
O pasado 26 de Agosto celebrouse unha reunión entre a Dirección da Fundación e o Comité de Empresa. O noso resumo é o seguinte:
Presentación do novo Director.
O director non tiña pensado manter unha reunión co comité de empresa ata despois do padroado onde fora nomeado formalmente, pero como ese padroado non se vai celebrar ata a segunda quincena de setembro, finalmente convocou esta reunión.
Xa ten pensados unha serie de cambios para o 061: redefinir obxectivos, novo organigrama, redistribuir funcións, etc. Pero non vai desvelar máis datos ata despois de ter a autorización do padroado. Tan pronto se celebre o padroado promete convocar outra reunión para informar.
Presentación do dispositivo establecido para a continxencia da gripe A.
O director presentou o dispositivo para a gripe A, que o día anterior presentará a Conselleira de Sanidade.
En canto a protección dos traballadores, informou que o Sergas vai comprar equipos de protección suficientes para tódolos seus traballadores. Na ce ntral de coordinación instalaranse dispensadores de solución hidroalcohólica.
Preguntamos polo plan de continuidade e as medidas concretas, e solicitamos que se elaborara dentro do marco do comité de seguridade e saúde.
Contestaron que nono fixeran porque o Sergas está facendo un para tódolos centros e será o que adoptemos.
Rogos e preguntas.
Os temas pendentes: plan funcional, localizadas, etc, están tamén parados pola dirección ata despois do padroado.
O pasado mércores 11 de Decembro celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:
  • Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.
Para aclarar a polémica xurdida nestes días; as horas do plan funcional para médicos asistencias no ano 2008 son 70. E dicir as horas de presenza son 1515 – 70 = 1445. A dirección propón deixar o relacionado coas localizadas da central para máis adiante. Deixando por escrito no plan funcional o compromiso de cerrar esa negociación antes do 31 de Marzo. A dirección inclúe os permisos para asistir a congresos (21 horas) pero son incompatibles coas axudas de asistencia.
  • Revisión conceptos retributivos.
Vanse pagar as horas de xornada como debe ser, axustadas coa reducción. Van facer o recaculo dende 1 de xaneiro de 2008 para médicos coordinadores (localizadas especiais, vips, etc). Tamén se vai pagar o complemento de noites e feirados nas localizadas activadas e nas especiais. Vanse actualizar o prezo de localizada para Dues dende xuño 2008 co orde de nóminas de 2008. Vaise aplicar o acordo marco publicado hoxe en DOG. A dirección di que vai tratar de pagar todo o que de tempo a procesar na nómina de Decembro e o resto nunha complementaria en Xaneiro.
  • Rogos e preguntas.
Seguen sen estar  aprobadas as 13 prazas do 902 polo que non se poden converter os contratos de cúmulo de tarefas en interinidades . Vai saír “nestes días” os calendarios da central dos 3 primeiros meses a modo de proba e despois sairá o do resto do ano. Xa empezaron as obras da Base de Coruña. Aínda non empezaron as obras da Base de Ferrol.

O  Luns 27 de Outubro de 2008 celebrouse reunión entre o Comité de Empresa e a Dirección do 061. O noso resumo é o seguinte:

  • Comunicación da reincorporación de Dª Rosa Alvarez de Blas como Directora de Xestión.

A Directora da Fundación presentou ao comité a Rosa Álvarez de Blas, e informou que é directora de xestión e servizos xerais dende o 30 de Setembro

  • Cobertura dunha Interinidade en praza vacante nas Bases de Vigo/Mos

A dirección informa de que xurdiu media praza vacante en Mos e media en Vigo. Tamén informa que o criterio do Sergas para a cobertura de prazas vacantes nas que xa había un interino por substitución é diferente ao noso. No 061 víñase ofrecendo de novo a lista de contratación, no Sergas ofrecese ao interino que xa estaba. Considerando que agora somos estatutarios decídese que o correcto é aplicar o pacto de mobilidade interna é a vacante xerada ofertala como no Sergas.

  • Programa Funcional 2008-2009 do persoal sanitario da Fundación.

O director de coordinación informa que está estudando unha reorganización das localizacións na central de coordinación. Decídese esperar a que o Dr. García presente o novo modelo para negociar a redacción final. I.T, permisos maternais e paternais son períodos neutro por lei. Para o resto do permisos un día computarase por 7 horas en vez das 4 e pico de agora. O permisos que veñan definidos como “o tempo indispensable para” serán “neutros” no senso de que cóllense as horas que fagan falta. Admítese que se inclúan ou publiquen os criterios de selección para acceso aos cursos do 061. Quedase en incluír os permisos para asistir a congresos 21 horas.

  • Rogos e preguntas.

En vez de dar os tícket de comida non se pode pagar en nómina e que cada un coma onde queira? A dirección queda en estudalo. A marcha dun coordinador da central vai a ser cuberta? O director de coordinación di que non, que non teñen pensado contratar a ninguén a maiores. Como están as obras da nova base de Ferrol? A día de hoxe aínda non hai licenza. Como están Obras na central? O proxecto segue no Servizo de Obras do Sergas. No mesmo sitio que fai un mes. Porque as horas de médico asistencial se están a pagar a 26,10 € en vez de a 27,98€ que é o que correspondería segundo a redución de xornada? Non hai resposta. Quedan en dar unha resposta. Preguntase polo número de prazas de xefe de sala na central e polo número de persoas que realizan efectivamente quendas de xefe de sala? A dirección di que hai 14 prazas e ademais 3 persoas que fan de xefe de garda.

Máis artigos...