Inminente publicación no BOE da Lei de Racionalización do Sector Público, que recolle a recuperación do 5º Día de Libre Disposición dos que nos foron roubados

 

O pasado 11 de setembro aprobouse no Congreso dos Deputados a Lei de Racionalización do Sector Público, onde se recolle a recuperación doutro día de Libre Disposición dos que no seu momento nos foron roubados cos recortes amparados na situación de crise.

 

Desde CIG-Saúde queremos lembrar que este Día de Libre Disposición non é un agasallo que se nos fai, senón que é a recuperación dun dereito usurpado, e que inda restan moitos outros dereitos pendentes de recuperar, como outros 4 días de Libre Disposición, a paga extra de decembro de 2012, ou o específico das pagas extras posteriores.

 

Non imos calar, non imos parar!

 Recuperación dos dereitos roubados!