O D.O.G. do Venres, 26 de decembro de 2014 publica a RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 19 de novembro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos.

 A correción de erros afecta a prazas convocadas no 061.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 2 de decembro de 2014, cómpre efectuar a oportuna corrección nos anexos III e IV coa ampliación nas categorías afectadas do prazo de presentación de solicitudes nun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Aqueles/as profesionais que no día da data teñan confirmada electronicamente en Fides/expedient-e a súa solicitude de participación no concurso e desexen renunciar ou modificar a orde de selección dalgúns dos destinos afectados por esta corrección deberán efectuar aquelas conforme se indica na base 6.5 da resolución de convocatoria do proceso.

Se a inscrición aínda está en estado borrador poderá efectuar a modificación directamente no formulario electrónico de participación (Fides/expedient-e).

Aqueles/as profesionais que, tras solicitaren algún dos destinos afectados pola presente corrección, desexen manter a selección de prazas efectuadas non terán que realizar ningunha actuación e a adxudicación, de ser o caso, do destino solicitado será coas condicións que se indican nesta resolución. 

Grupo administrativo da función administrativa.

Na páxina 49682, onde di:

Código

Centro directivo

Centro/s

Concello/s

Área sanitaria

Quenda

Nº prazas

072200090

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061-Oficinas Administrativas

Santiago de Compostela

Santiago

-

2

Debe dicir:

Código

Centro directivo

Centro/s

Concello/s

Área sanitaria

Quenda

Nº prazas

072200090

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061-Oficinas Administrativas

Santiago de Compostela

Santiago

-

1

072400090

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061-Oficinas Administrativas (*)

Santiago de Compostela

Santiago

-

1

(*) O desempeño deste posto pode supor o desprazamento ás bases da Fundación 061.