O pasado 14 de Outubro de 2013 celebrouse  xuntanza da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións. De entre todos os temas tratados destacamos os seguintes por estar relacionados co 061.

1. Información xeral do Pacto.

Informáronnos das previsións de publicación de listaxes de contratacións pendentes:

Na segunda quincena de novembro, listas provisionais de admitidos e excluídos e de baremación das categorías afectadas polo procedemento de actualización de listas.

As listas de médicos de familia e as de médicos/as do 061 sairán no primeiro trimestre do 2014.

5. Rogos e preguntas.

Dende CIG-SAÚDE reclamamos que o prazo de 15 días de revogación de contratos que establece o pacto son para a presentación das reclamacións. Non é culpa do reclamante que as comisións se reúnan mensualmente e se atopen con que se desestiman por estar fóra dos 15 días. Segundo a Admón. o pacto é claro neste punto e establece 15 días para a revogación, e di que as comisións periféricas teñen que resolver antes dos 15 días.

Dende CIG-SAÚDE entendemos que a lista xeral de enfermería e a lista de enfermeria do 061 son a mesma categoría, polo que solicitamos que se puntúen os mesmos conceptos (curta duración da xeral que puntúa na do 061). A Admón. entende que aínda que son a mesma categoría, ao ter listas independentes, funcionan coma se fosen categorías distintas. Polo que a puntuación das listas de curta duración da lista xeral, non puntúa nas listas do 061.

Dende CIG-SAÚDE solicitamos que en listas compatibles (enfermería xeral e do 061) as persoas con vinculación de longa duración figuren como non dispoñibles na outra categoría. A Admón. di que manteñen o acordo do 4 de xullo de 2006 no que en categorías compatibles do mesmo ou superior nivel se ofertarán por unha vez os contratos de longa duración aínda que estea vinculado con contrato de longa duración en categoría distinta.

Dende CIG-SAÚDE solicitamos que as penalizacións que se aplican na lista de enfermaría 061 se apliquen na de enfermería xeral e viceversa. A Admón. entende que aínda que son a mesma categoría, ao ter listas independentes, funcionan coma se fosen categorías distintas. Polo que non aplican as sancións dunha lista na outra e viceversa.

Podedes consultar a totalidade da información sobre esta xuntaza da Comisión Central aquí