Este fin de semana (13 e 14 de Marzo) celebrouse en Ourense o V Congreso Federal da CIG-Saúde. A sección sindical do 061 estivo presente con dous delegados: Charo Rúa (delegada pola Executiva) e Mario Otero (delegado pola Comarca de Compostela).

No Congreso definiuse a acción e organización sindical para os próximos anos, que se podería definir a grandes rasgos no titulo do congreso "Avanzando na defensa da sanidade pública e dos nosos dereitos".

Tamén se elixiu a nova Executiva Federal e á Secretaria Xeral, cargo para o que foi reelixida María Xosé Abuín.

A executiva quedou formada pola propia María Xosé Abuín e mais Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio, Manuel González Morerira,  Vitor Vila e Carme Aira.