O 1 de xullo do ano pasado, os helicópteros sanitarios xestionados polo 112 dende o ano 1990, encargados de actuar en situacións de emerxencias sanitarias, pasaron a pertencer  a Fundación Publica Urxencias Sanitarias 061, neste momento, co novo contrato, por primeira vez na historia destes aparatos, recollese un recorte de operatividade, en vez de estar operativos dende a saída do sol ata o ocaso, pasan a estalo 12 horas, o que supón unha perda de operatividade para situacións de emerxencias de 394 horas ao ano.

Dende o 19 de marzo ata o 26 de setembro os días duran mais de 12 horas, polo tanto, dende esa data, parte do dia non estará cuberto para posibles emerxencias en lugares lonxe dos recursos medicalizados terrestres.

Un exemplo, un accidente ocorrido na costa da morte as 7 e cuarto da maña do mes de xuño non ten ningún helicóptero operativo para enviar socorro a pesar de ser de dia. De igual maneira, un accidente de trafico saíndo das praias en Muros as 8 da tarde, ten o helicóptero mais cércano en Ourense.

No mesmo senso, unha emerxencia ocorrida no Barco de Valdeorras ás 8 da mañá ten o helicóptero sanitario a uns 40 minutos de vo, mentres ata agora estaba  a 15. Agora esquecemos os “20 minutos de ouro”?

Este ano 2015 úneselle outro novo recorte aprobado pola conselleria de sanidade, nunca estará operativo o helicóptero antes das 7:30 da mañá e despois das 9:30 da tarde.

Logo anunciase  escandalosamente o novo edificio de xestión das emerxencias na Estrada, con un altísimo custo como un gran logro, cando se recorta na atención a esas emerxencias.

A CIG-Saúde considera este novo contrato un recorte na asistencia sanitaria a cidadanía, encadrado dentro da política do Goberno Galego do PP que confunde a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos.