No DOG de hoxe 26 de novembro saen publicadas as resolución polas que se abre o prazo para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de licenciados sanitarios, categorias diplomado sanitario e categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007 solicite o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional.

Publícanse 3 resolución:

Unha para categorías de licenciados sanitarios.

Unha para categorías de diplomado sanitario.

Unha para categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.

As solicitudes deben cubrirse en FIDES e despois presentalas a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A solicitude das categorias de diplomado sanitario e e xestión e servizos e sanitarias de formación profesional deberán dirixirse ao comité de avaliación da entidade en que prestase servizos a 30 de xuño de 2008.

A solicitude das categorias de licenciado sanitario deberá dirixirse á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.

O prazo para presentalas solicitudes iniciase mañan e finaliza o 31 de xaneiro de 2009.