O pasado 21 de xuño de 2013 celebrouse reunión ordinaria do Comité de Seguridade é Saúde as Area Saniataria de Santiago do 061coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación de actas anteriores.

2. Planificación da prevención 2013.

3. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos ofrecemos da xuntanza:

Lectura e aprobación de actas anteriores.

Aprobase por unanimidade a acta da reunión do 6 de maio de 2013.

Planificación da Prevención 2013.

Faise por parte dos técnicos de FREMAP a presentación da avaliación de riscos 2012-2013

Fíxose a revisión da avaliación de riscos dos anos anteriores en tódolos centros de traballo do 061 agás en  Sanxenxo e Foz que está pendente.

Non se fixeron avaliacións de postos de traballo por estar feitas aínda fai pouco tempo, pero faranse ao longo do 2013.

Fálase da necesidade de afondar na prevención en relación coa coordinación de actividades, hai que ir máis aló da cláusulas nos contratos e facilitar as avaliacións de riscos das instalacións as empresas subcontratadas.

Na Base de Santiago e en Monte de Gozo fíxose una aviación de instalación con risco de exposición á Lexionela. A lei establece que se faga esta avaliación si as instalacións contan con duchas.

CIG-Saúde pide que se inclúa no plan de formación un curso eminentemente practico de extinción de incendios.

CIG-Saúde expon que na planificación falta por asignar recursos económicos, responsables e previsión de datas de realización das accións requiridas. A empresa alega falta de tempo pero que se fará.

Rogos e preguntas.

Os técnicos de FREMAP informan dun servizo de descontos en servicios sanitarios para os traballadores do 061. Enviarase dende rr.hh. información de como acceder a este servizo.

A empresa informa que a dirección do 061 falou con asistencia sanitaria para que o servizo de medicina preventiva de referencia das distintas áreas sanitarias atenda ao persoal do 061 en casos de  exposición ocupacional a patóxenos de transmisión por fluídos biolóxicos fora do horario de traballo de FREMAP.

CIG-Saúde expón que en Santiago aínda non esta pechado o tema. O xefe de base recibiu unha carta do xefe de servizo de preventiva paro aínda non se concretou o procedemento. Ademais expón que este tipo de incidentes seguen sen rexistrarse como accidentes laborais por descoñecemento dos traballadores. A empresa queda en enviar un recordatorio para que se rexistren como accidentes laborais.

CIG-Saúde pregunta si xa están repostos os uniformes da base de A Coruña queimados no incendio da base.  A empresa responde que non se sabe nada novo.