O pasado 14 de outubro de 2014 celebrouse reunión extraordinaria do Comité de Seguridade e Saúde da Area Saniataria de Santiago do 061 coa seguinte orde do día:

  1. Protocolo de actuación en caso de alertas por ébola.

Este é o resumo que vos ofrecemos da xuntanza:

O Director abre a reunión extraordinaria para definir o obxectivo da mesma:  definir e coordinar as actividades de formación e presentar a última versión do protocolo de transporte de paciente con sospeita de ébola.

Despois de discutir varias propostas chegase ao seguinte acordo:

  1. Haberá formación teórica para todo o persoal que será reforzada con documentación e material audiovisual. Solo será acreditada a formación teórica presencial. A primeira formación teórica faráse hoxe mesmo pola tarde. Repetirase proximamente para o persoal que non poda asistir hoxe.
  2. 2 cursos de formación totalmente práctica de 4 horas para cada traballador. Grupos de 8 persoas máximo para garantir que cada persoas pon e saca varias veces os equipo de protección. O curso simulará as condicións que se encontrarán os traballadores no Meixoeiro.
  3. Os cursos prácticos faranse durante este mes en cada base.
  4. Os docentes serán o grupo de traballadores (5) xa formados, a dirección formara a mais persoal para dar estes cursos xa que agora mesmo hai 5 persoas que parecen poucas para cumprir os obxectivos.

A directora asistencial entrega unha nova versión do protocolo  de transporte de paciente con sospeita de ébola.

Os delegados de prevención aclaramos que non podemos facer valoracións do novo protocolo por descoñecelo pero si queremos comentar puntos xa tratados na anterior reunión con respecto a versión anteriores dos protocolos:

  • Protocolizar o uso de cueiros para o traslado.
  • Seguimos a pensar que levar a tódolos doentes ao Hospital Meixoeiro obrigará  a algúns traslados demasiado longos para ir cos traxes de protección postos. A Directora Asistencial confirma que se esta estudando realizar un cambio de equipo para os traslados mais longos.
  • Protocolizar o uso de lixivia ou hipoclorito para desinfectar.

Preguntamos si neste momento temos suficientes equipos de protección para afrontar un caso de sospeita de ébola? A Directora asistencial afirma que si o hai.

Solicitamos que se remita ao Comité de Seguridade e Saúde o listado de equipos de protección dispoñibles para este tipo de casos e ubicación dos mesmos, así como ficha técnicas do mesmos.

Pregunta si dispomos de cámara de transporte e illamento de doente infectado. A Directora Asistencial informa que a previsión é tela en entre 4 e 6 semanas.

Preguntamos si se conseguiron monos de talla inferior á M. A Directora Asistencial informa que non que non hai stock nos provedores.

Preguntamos si se valorou rebaixar do servizo ao persoal para o que non se teña talla adecuada. A Directora Asistencial responde que non.

Preguntamos que será o encargado da supervisión da retirada dos traxes no Hospital Meixoeiro. A Directora Asistencial informa que será persoal do Meixoeiro preparado para esta tarefa.

No novo protocolo presentado hoxe na cabina de condución da ambulancia que transporta ao doente, viaxan o condutor, o médico e un técnico. Expresamos as súas dubidas sobre quen debe ir na cabina de condución e que 3 persoas na cabina de condución da ambulancia que se ten agora para este tipo de servizos son demasiadas. A Directora asistencial informa que están intentando conseguir un vehículo mais amplo.