O pasado 3 de decembro de 2013 celebrouse unha reunión entre os delegado de persoal e o equipo directivo co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación do acta anterior
  2. Procedemento mobilidade interna provisional
  3. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Lectura e aprobación do acta anterior

Aprobase a acta da reunión anterior

Procedemento mobilidade interna provisional

Estudase o último borrador de mobilidade interna presentado pola dirección. Fanse pequenas modificacións na redacción no articulado.

En canto ao baremo queda:

Experiencia profesional con un máximo de 135 puntos ( 120 de antigüidade  + 15 de permanencia na institución).

Formación continuada con un máximo de 24 puntos. Despois do debate a Dirección di que asumirá a proposta que lle fagan os representantes dos traballadores.

Coñecemento da lingua galega con un máximo de 5 puntos.

Conciliación da vida familiar e laboral con un máximo de 5 puntos.

Rogos e preguntas.

A CIG-Saúde pregunta polos programas especiais na Base de Foz. A dirección informa que a partir de 1 de xaneiro os médicos do hospital da costa deixaran de prestar servizos na ambulancia de Foz. Procederase a contratación de un facultativo para cubrir as quendas que quedan libres. A cobertura farase por orde de lista como si fora unha mellora de contrato.

CC.OO. pregunta polo novo proceso de integración no réxime estatutario. A Dirección informa que antes de final de ano esta previsto que se publique unha nova orde de integración para o 061. A orde pasará pola mesa sectorial antes de ser publicada pero non se esperan grandes cambios, sairá na mesma liña que a anterior.

CC.OO. expón que entre o persoal da CCUS existe alarma polo alto número de casos de cancro entre os traballadores e solicita que realice un estudio sobre este tema. A dirección informa que teñen solicitada unha reunión con Saúde Pública para ver que protocolos se aplican nestes casos. Este é un problema que lle preocupa e que se tomarán as medidas necesarias que xurdan da reunión con Saúde Pública.

A CIG-Saúde pregunta si a entrada en funcionamento do servizo de consulta telefónica en atención primaria afectara á actividade do 061 (902400116) e ao persoal do mesmo. A dirección di que non se espera que afecta ao servizo de consulta telefónica que ofrece o 061, e tampouco ao recursos humanos que atenden o mesmo.

A CIG-Saúde pregunta por diferentes temas relacionados cos enfermeiros de coordinación: supresión localizadas, liquidación exceso de xornada, cobertura de ausencias e programas de calidade:

A dirección informa que se chegou a un acordo de liquidar os excesos de xornada con libranzas no ano 2014. A CIG-saúde recorda que os excesos deben liquidarse a 31 de decembro xa sexa en libranzas ou pagándoas, e que as libranzas en 2014 debe ser un acordo entre empresa e  traballador.

A dirección informa que hoxe fíxolle unha proposta global aos enfermeiros de consulta que trata de resolver os problemas coas gardas localizadas e as coberturas de ausencias de moi corta duración.

A dirección informa que se establecerán programas de calidade para os DUES de coordinación.

A CIG-Saúde pregunta polas xefaturas de persoal non sanitario. A dirección informa que en breve sairán en D.O.G 3 Xefaturas de Servizo non sanitarias e a Xefatura de servizo de atención ao usuario.

A CIG-Saúde pregunta que vai pasar co posto de Coordinador de Enfermería que recentemente quedou vacante. Preguntamos si se vai amortizar. A Dirección informa que non ten pensado amortizalo e que esta buscando o candidato ideal de dentro da empresa.

A CIG-Saúde pregunta polo plan de formación para persoal non sanitario. A Dirección comprometese a presentalo en Xaneiro.

A CIG-Saúde pregunta se hai algún expediente aberto a persoal estatutario. A dirección di que si, pero que os expediente son tramitados polo SERGAS e debe ser o SERGAS o que informe a xunta de persoal.

UGT  pregunta pola xefatura de base de Foz.  O director informa que é un dos puntos a levar ao padroado do 13 de decembro, xa ía ir no anterior padroado pero finalmente non se tratou o tema.

CESM pregunta cando estarán as quendas da CCUS para o ano 2014. A dirección informa que esta bastante avanzadas as de xaneiro, febreiro e marzo, que poderían saír a semana que ven. O resto do ano esta pendente do sorteo de vacacións que se vai facer en breve.

CESM pregunta polo xestión dos helicópteros. A dirección informa que a partir do 1 de xaneiro a xestión do helicópteros faraa o 061 directamente dende a CCUS. O día 12 de decembro esta convocada unha sesión para tratar os temas operativos na central para a xestión de estes recursos.  O servizo de helicópteros farase con unha prorroga do actual contrato mentres no se adxudique o novo contrato (previsión abril 2014).  A CIG-Saúde pregunta si neste novo contrato se varían as horas de servizo. A dirección informa que si, que os días que entre orto e ocaso  se superen as 12 horas, un helicóptero estará operativo de orto + 12 horas e o outro de ocaso – 12 horas.  A CIG-Saúde considera inaceptable que o aforro do servizo veña pola redución da cobertura, ademais isto afectará a xornada do persoal de base dobre e preguntamos como. A dirección informa que aínda non sabe como se reorganizará a xornada do persoal de base dobre.

A CIG-Saúde roga que se mira o tema das medias prazas.

CESM pregunta polo traslado a Estrada. A dirección informa que a obra civil esta bastante avanzada pero que falta a dotación de servizos.

UGT Pregunta si se van implantar unidades de xestión clínica no 061. A dirección di que non hai previsión de implantación no 061.