O pasado 27 de maio de 2014 celebrouse unha reunión entre os delegado de persoal e o equipo directivo co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación do acta anterior
  2. Procedemento mobilidade interna provisional
  3. Cómputo xornada 2014
  4. Situación da Base de Foz
  5. Organización da docencia externa
  6. Rogos e preguntas.

Este é o resumo que vos facemos da reunión:

Lectura e aprobación do acta anterior

Aprobase a acta da reunión anterior

Procedemento mobilidade interna provisional

Aprobase o procedemento.

 Cómputo xornada 2014

Para o persoal  sanitario será o xa publicado polo SERGAS, restándolle 7 horas correspondentes ao día de libre disposición do 2013 concedido a finais de ano que non se puido gozar por falta tempo. O persoal non sanitario xa gozou deste día.

Situación da Base de Foz

 A Delegada de Foz  expón os temas que preocupan da base: contratos precarios a un facultativo e xefatura de base.

O tema dos contratos mes a mes esta solucionado.

O director di  que o padroado non autoriza un xefe de base para Foz. O Presidente da Xunta Persoal di que si non hai Xefe de Base a dirección ten que asumir as funcións. O director xerente e a directora asistencial tomarán unha decisión ao respecto.

A directora quere que conste en acta que non ve que Foz funcione de distinta nin peor forma que calquera outra base. Que nas reunións que mantén cos diferentes axentes externos sempre se gaba o traballo da base de Foz e quere que os traballadores se quiten ese complexo de que funciona peor que o resto do 061.

O Xerente di que mentres se manteña este equipo directivo manterá a base de Foz.

Organización da docencia externa

O Presidente da Xunta Persoal expón a negativa da Xunta e Delegados de persoal a que a docencia se compense en xornada ordinaria en vez de pagar como hora de docencia, como se esta a facer con RPC na Aula e Progaliam en Centros de Saúde.

A dirección esta de acordo e di que deixará de facerse de inmediato. 

Rogos e preguntas.

 A CIG-Saúde presentamos a normativa da xunta sobre a acreditación, a xornada e o horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo dos empregados públicos. Aínda que o persoal do Sergas esta excluído cremos que no 061 se poden por en practica varias das iniciativas desta normativa como son: Horario flexible non so para traballadores que se acollan á lei 7/2004 e implantación teletraballo. O director xerente comprometese a estudalo.

A CIG-Saúde fai varias preguntas sobre formación.

Cursos FEGAS. Estanse denegando cursos da FEGAS a persoal laboral da fundación por non estar dentro dos destinatarios. Pides que a Dirección fale coa FEGAS para resolver este tema. A dirección informa que xa falou coa FEGAS e non hai solución por que non son destinatarios.  A CIG-Saúde propón que para próximos plans de formación se inclúan como destinatarios ademais do  persoal do Sergas ao persoal laboral das fundacións.

Cursos EGAP. Non se admite ao persoal do 061 aos cursos da EGAP por aparece como Baixa na base de datos de Función Pública. A dirección comprometese a consultar coa EGAP este tema.

Esta pendente de firmar no padroado un convenio de colaboración coa EGAP para dar cursos a persoal do  061, concretamente os que xa non imparte a FEGAS.

Plan interno para non sanitarios. A directora de xestión entrega o plan, componse de 4 cursos:

RCP básica. Presencial  o 5 de xuño. 20 prazas

Prevención e protección contra incendios na oficina. Presencial en setembro. 2 edicións de 15 prazas

Linguaxe administrativa galega. EGAP teleformación.

Aplicacións informáticas de follas de cálculo. EGAP teleformación.

O Presidente da xunta de Persoal pregunta pola falta de  uniformes na Coruña. A Dra. Asistencial informa que  esperan en xullo entregar 2 polos e 2 pantalóns.

A CIG-Saúde pregunta cando ten pensado a dirección convocar a mobilidade interna, cantas prazas van saír, e si podo facer algo por cambiar a mobilidade de provisoria a definitiva.

A dirección di que é moi precipitado contestar as 2 primeiras preguntas xa que antes o procedemento de mobilidade ten que ser aprobado polo sergas.. A dirección ten dúbidas de que o Sergas vaia aprobar o procedemento de mobilidade fácilmente

O Delegado de Pontevedra pregunta polo posto de coordinador enfermería. O Director informa que xa hai unha persoa que ocupará o posto. Empezará o 1 de agosto por motivos persoais.

A Cig-Saúde pregunta polo edificio da estrada. A dirección informa que as obras seguen o seu curso, si ben hai importantes infraestruturas e servizos pendentes de licitar.

A dirección informa que esperan que o Sergas publique as  listas definitiva de médicos asistencias e coordinadores en setembro.