EN GALEGO

 

ARTIGO RECOMENDADO EN "CADERNOS DE ATENCIÓN PRIMARIA"

O galego na sanidade. Manuel González Moreira. Médico de familia. CS Nicolás Peña. Vigo

 

EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

Miles de persoas enchen o Obradoiro para manifestarse “en defensa da convivencia e do galego”

Os estudantes sumáronse masivamente á marcha

A manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego colapsou Compostela superando mesmo a asistencia prevista pola organización, que cifrou a participación nunhas 80.000 persoas, cunha máis que significativa asistencia de estudantes, que apoiaron masivamente a mobilización. A plataforma cidadá tamén valorou como un éxito o seguimento da folga convocada no ensino, que foi secundada por preto do 90% do profesorado e o estudantado. 22/01/2010

As médicas e médicos da Agrupación Médica de CIG-Saúde, como toda a CIG, apoiamos as mobilizacións promovidas por “Queremos Galego”, para parar o decretazo do PP contra a lingua galega. 15/01/2010

Chamamos a todas e a todos os profesionais da sanidade que non traballen durante a mañá do próximo xoves, 21 de xaneiro, a que acudan á Manifestación que sairá ás 11:30 da Alameda de Santiago de Compostela.

Continuaremos no ronsel da grande manifestación en defensa da lingua que tivo lugar en Compostela o 18 de outubro pasado, cando 100.000 persoas colapsaron Santiago na defensa do galego, nunha das maiores manifestacións da historia de Galiza.

As mentiras do Goberno do PP sobre a lingua galega.

ProLingua leva a defensa do galego a medio mundo.

A asociación ProLingua está a promover, xunto coa editorial Laiovento, a publicación dun libro cuxo título provisional é "55 mentiras sobre a lingua galega". A presentación do libro será realizada o próximo día 5 de febreiro e terá unha característica moi especial: o libro será presentado ao mesmo tempo (rigorosamente, ou sexa mesmo día e mesma hora GMT) nas principais cidades galegas, en numerosas vilas do país, en diversas cidades españolas e nun importante número de cidades all around the world. E é que aos galegos, por máis que catro gatos se empeñen en afirmar o contrario, non hai quen nos gañe en cosmopolitismo e plurilingüismo.

Entre as cidades que albergarán actos de presentación desta primeira publicación de ProLingua, encóntranse Lisboa, Londres, París, Nova York, Bruxelas, Tel Aviv, Cork, Bos Aires, Copenhagen... Aqueles que poidades colaborar para estender a iniciativa a outros lugares, entrade en contacto neste e-mail ou nestoutro. 15/01/2010

Ver os “argumentos” do Partido Popular a favor do decreto.

Análise da Plataforma ProLingua sobre o argumentario do Partido Popular a favor do borrador de decreto.   18/01/2010

 

QUE ESTÁ A PASAR CO GALEGO ?

A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo.

Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego ten que ser tamén lingua da aprendizaxe.

As Linguas Suman   11/06/2009                                        Folla informativa de CIG-Saúde    11/06/2009 

 

O GALEGO NA CONSELLERÍA DE SANIDADE

Instruccións 11/2005, do 8 de novembro, sobre o emprego do galego nos documentos da Consellería de Sanidade e do Sergas.  Xaneiro 2006 

A CIRCULAR 5/97 DA CONSELLERÍA DE SANIDADE ESIXE O EMPREGO DO GALEGO POLA ADMINISTRACIÓN SANITARIA GALEGA

 

A Circular 5/97 da Consellería de Sanidade "Emprego do idioma galego nas comunicacións que causen efecto na Comunidade Autónoma de Galicia" indica que

"en toda a documentación que circunscribe o seu uso e efectos ó territorio de Galicia ten que utilizarse o idioma galego tanto por coherencia lexislativa como por ser a lingua galega a nosa principal característica autoidentificadora fronte ás restantes nacionalidades e rexións do Estado".

Esta Circular que foi remitida no ano 1997 aos Delegados Provinciais da Consellería de Sanidade e aos Directores Provinciais do SERGAS.

Como se comproba no documento anexo, o 27 de novembro de 2003, volveu ser remitida aos mesmos destinatarios e tamén aos Xerentes de AP e AE das distintas áreas sanitarias. O motivo probábel é que por aquelas datas comezaron os traballos da Comisión Sectorial de Sanidade do Plan de Normalización Lingüística.

 

A Circular 5/97 é un texto legal que debemos celebrar todos os traballadores sanitarios que estamos a prol da normalización da lingua galega na sanidade. Tamén debemos esixir a súa aplicación cando non se cumpra, o que non é infrecuente.

 

Circular 5/97 

Circular do 27 de novembro de 2003

 

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org