24/06/2004

O debate establecido en CIG-Saúde sobre o papel do persoal facultativo no sindicato, e a última acción sindical, pulando das mobilizacións dos médicos e médicas, tivo como unha das súas consecuencias a decisión de crear a Agrupación Médica de CIG Saúde (AgM - CIG Saúde) que, a principios de xuño de 2004, tomou o Consello Nacional do sindicato.

Esta decisión supón un fito histórico no sindicalismo sanitario galego e español: un sindicato de clase, a CIG, maioritario entre o conxunto dos traballadores e traballadoras da sanidade, decide afrontar un problema común a todos os sindicatos de clase entre os médicos e médicas: buscar fórmulas para superar a debilidade da súa presenza organizada entre os facultativos, e combater a aparente hexemonía dos sindicatos corporativos nestes sectores profesionais.

As médicas e os médicos afiliados de CIG-Saúde, consideramos que a creación dunha estrutura organizativa específica de facultativos, dentro do sindicato, abre unha nova e ilusionante xeira no sindicalismo sanitario galego.

Consolidar a Agrupación Médica de CIG Saúde como un referente organizativo útil para a defensa das lexítimas reivindicacións dos facultativos, afortalando a unidade interna de CIG-Saúde, é a tarefa que temos por diante. A nosa páxina web, http://www.agmedica.org, incorpórase a esa tarefa.

 

 

 

 

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org