PLAN DE MELLORA 2007 - 2011 

 

Posición de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento

do Plan de Mellora de Atención Primaria.

mércores, 24 de xuño de 2009

Para CIG-Saúde, o Plan de Mellora, pese ás dificultades e retrasos na aplicación dalgúns aspectos, supuxo un paso moi importante para a Atención Primaria, tanto polo seu contido como pola súa xestación, mediante acordo de organizacións Profesionais, Sindicais e Administración.

CIG-Saúde considera que neste momento, no seu ecuador, é especialmente importante reafirmarse na necesidade da súa completa aplicación. CIG-Saúde non aceptará recortes nin cambios que desvaloricen ó pactado.

As Prazas do Plan de Mellora 2007-2011:

A finais do ano 2009 estarán consolidadas nos orzamentos o 65% das prazas que estaba previsto crear no período 2007-2001, faltan por crear o 35% restante durante os anos 2010 e 2011.

 

65% Prazas Orzamentadas

35% Prazas pendentes

 

 

35% Prazas

30% Prazas

65% Prazas

20% Prazas

15% Prazas

35% Prazas

100% Prazas

 

2008

2009

2008-9

2010

2011

2010-11

 

Médicos

108

94

202

62,15

46,62

108,77

310,77

Pediatras

23

20

43

13,23

9,92

23,15

66,15

DUE

222

198

420

129,23

96,92

226,15

646,15

PSX

53

39

92

28,31

21,23

49,54

141,54

Matronas

12

10

22

6,77

5,08

11,85

33,85

Fisioterapia

42

38

80

24,62

18,46

43,08

123,08

Odontólogos

12

11

23

7,08

5,31

12,38

35,38

Hixienista

24

21

45

13,85

10,38

24,23

69,23

Tr.Social

29

23

52

16,00

12,00

28,00

80,00

Aux. enfermería

37

31

68

20,92

15,69

36,62

104,62

Total

562

485

1047

322,15

241,62

563,77

1610,77

CIG-Saúde esixe da Consellería de Sanidade que se pronuncie sobre a súa intención de cumprir ou non o seu compromiso de crear estas prazas.

Que estas prazas estean creadas nos orzamentos é un paso fundamental, pois poden saír na seguinte OPE, pero non significa que estean ocupadas por profesionais de forma interina, tamén nesto esiximos á consellería que nos informe do grao de cobertura destas prazas xa creadas e das previsións de ocupación ao longo do ano 2009.

Ademais destas prazas comprometidas como consecuencia do Plan de Mellora, tamén existen no sistema prazas de Enfermaría de PAC, que se crearon como consecuencia da redución de horas de xornada que se estableceu nos Acordos de PAC, estas prazas, actualmente cubertas con contratos de servizos determinados, deben aparecer nos orzamentos do ano 2010, e pasar a ser interinidades até a súa cobertura na seguinte OPE. 

Capacidade resolutiva:

O 9 de xullo de 2007 o Sergas publicou unha instrución, a 17/07, que comprometía que as probas complementarias que necesitaran para a súa solicitude da redacción dun protocolo (listaxe B da instrución) estarían accesibles dende xaneiro de 2008.

CIG-Saúde esixe da Consellería de Sanidade que publique os protocolos para a totalidade destas probas e que simplifique ao máximo a burocracia xerada por estes protocolos, integrando, en todo caso, a súa solicitude en IANUS. 

Equipamento dos Centro:

O Plan de Mellora contempla o equipamento necesario nas Unidades e Servizos para permitir o incremento da capacidade resolutiva, para cumprir co incremento de equipamento pactado, está previsto nos orzamentos do 2009 a cantidade de 1.500.000 €.

CIG-Saúde solicita da Consellería que explique que parte de ese orzamento xa está comprometida, en que partidas, e que pensan facer co restante. 

Plan Director de Infraestruturas Sanitarias 2008-2013:

            Tendo en conta, por unha banda, o novo modelo que define o Plan de Mellora para a Atención Primaria, que xera maiores necesidades de espazo para consultas e outras actividades, e por outra banda, o desenvolvemento dos núcleos de poboación que fixo insuficiente a dotación de centros de saúde en determinadas áreas sanitarias, o Plan Director contempla a realización de grandes reformas e ampliacións en 22 centros de saúde, e a construción de 66 novos.

            Dende CIG-Saúde esiximos o compromiso da Consellería de Sanidade do mantemento destas previsións e de que todas elas se realicen con orzamento e xestión pública. 

Receita Electrónica:

            A implantación da dispensación electrónica da receita a través das farmacias é un dos elementos mais importantes para reducir burocracia e liberar a boa parte dos profesionais dos servizos e unidades de Atención Primaria dunha carga de traballo inútil, toda a relacionada coas citas por receitas de crónicos, (buscas nos arquivos de historias, reparto das historias, consultas médicas e de enfermaría, recollida de historias, etc,). Ademais supón un claro beneficio para os doentes crónicos e as súas familias.

            Existe un cronograma de despregue da receita electrónica, polo que solicitamos información sobre a porcentaxe da poboación galega, e de profesionais, que se benefician desta medida. Tamén solicitamos información das medidas que se pensan adoptar para incrementar a súa velocidade de implantación nas áreas onde se atopan mais dificultades, especialmente nas cidades e grandes vilas. Tendo en conta, tamén, os incrementos de poboación estacional, e a dificultades de atopar substitutos para os facultativos, consideramos prioritario o despregue nestas áreas, polo que solicitamos se nos informe das previsións ao respecto. 

Historia Clínica Electrónica, IANUS:

            A Historia Clínica electrónica en Atención Primaria, xunto co aumento de datos e informes de consultas que se introducen no ámbito hospitalario, a través de IANUS, constitúe unha das ferramentas mais importantes que permitirán incrementar a capacidade resolutiva da Primaria e fortalecer o papel das súas médicas e médicos tanto na súa capacidade docente e investigadora, como na súa capacidade de realizar actividades preventivas e de educación sanitaria.

            Solicitamos da Consellería de Sanidade que nos informe da situación actual do despregue da Historia Clínica na Atención Primaria e do seu cronograma de desenvolvemento. Consideramos fundamental que se informe das medidas a tomar para incrementar o ancho de banda e garantir o acceso ás imaxes dos estudios radiolóxicos nas unidades e servizos, así como garantir o acceso a internet en tódalas consultas. Estas ultimas medidas son de especial importancia nas unidades docentes de Medicina de Familia.

            En CIG-Saúde pensamos que o modulo clínico ten que estenderse ao mesmo tempo a tódolos profesionais da unidade ou servizo que necesiten acceder a Historia Clínica do Paciente: Medicina de Familia, Pediatría, Enfermaría, etc. 

Central de Chamadas:

            Dende CIG-Saúde reiterámonos na posición xa defendida en anteriores reunións da Comisión de Seguimento do plan de Mellora durante o ano 2008:

O Servizo Galego de Saúde pretende privatizar o sistema de cita previa na Atención Primaria

O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa privada para que monte unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería de Atención Primaria. Para dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas.

 

CIG-Saúde preguntou en repetidas ocasións ao Sergas polo desenvolvemento das centrais de chamadas que recolle o Plan de Mellora de Atención Primaria. A falta de resposta levounos a manifestar a nosa protesta na Acta da ultima reunión da Comisión de Seguimento do Plan de Mellora en abril de 2008.

Diante da publicación no DOG nº 105 do 2 de xuño de 2008 no que o  Instituto Galego de Medicina Técnica S.A. convocaba un concurso publico para cubrir o servizo de cita previa no eido da atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia, CIG-Saúde remitiu un escrito aos responsábeis do SERGAS, ao que non deron resposta algunha. No mesmo amosábamos a nosa posición, contraria á privatización deste servizo e solicitábamos que a central de chamadas fora xestionada directamente polo SERGAS con persoal seleccionado das listas de vinculación temporais.

CIG-Saúde quere poñer de manifesto diante das traballadoras/es do SERGAS e do conxunto da opinión pública o desacordo co modelo elixido, que supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo.

CIG-Saúde quere deixar claro que non se pode utilizar o Plan de Mellora da Atención Primaria como pretexto para privatizar servizos, en aparente contradición coa política da Consellería de Sanidade de reverter ao sistema publico ás fundacións postas en marcha na administración anterior. A utilización do Plan de Mellora para desenvolver estas políticas é unha clara deslealdade coas organizacións que, como CIG-Saúde, asinamos un Plan para a mellora do Servizo Publico, non para a súa liquidación.

Como xa manifestamos en repetidas ocasións CIG-Saúde apoia a creación de centrais de chamadas que permitan descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de atención primaria, pero sempre que se fagan con persoal estatutario integrado no SERGAS.

 

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2008 

            Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

                        Secretaria Xeral. CIG-SAÚDE. 

            Reiteramos a nosa posición de que a privatización non é a solución, a solución real ás necesidades dos usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde ten que facerse dende o propio Servizo, con recursos e persoal públicos.

 

Compostela, 24 de xuño de 2009 

Manuel González Moreira

Representante de CIG-Saúde na Comisión de

Seguimento do Plan de Mellora de Atención Primaria

 

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org