PRÓXIMA MANIFESTACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN FERROL

Ás mobilizacións contra a privatización e en defensa da sanidade pública, terán continuidade en Ferrol, o domingo 11 de abril ás 12 da mañá, coa manifestación convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

 

IMPRESIONANTE MANIFESTACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN VIGO

Máis de 50.000 persoas enchen as rúas de Vigo co berro unánime de "non á privatización" e na defensa da sanidade pública. 25/03/2010

A cidadanía de Vigo di un NON  rotundo á privatización do novo hospital de Vigo nunha IMPRESIONANTE manifestación. Mais de 50.000 persoas marcharon dende o cruce de Vía Norte ata o edificio da Xunta.

A marea humana era tal que cando a cabeceira da manifestación chegou ao seu destino aínda non arrancara a cola da mesma, cando se rematou de ler o manifesto e a xente se retiraba a cola aínda estaba no cruce da Gran Vía, era un cruce entre os que ían e os que volvían.

O goberno do PP ten que tomar nota, e os responsables da sanidade galega teñen que reflexionar sobre a súa capacidade para representar os intereses sanitarios da cidadanía. Vigo xa fixo historia con esta mobilización e converteuse na punta de lanza da loita en Galiza en defensa da sanidade pública.

 

FOLGA E MANIFESTACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN VIGO

As Organizacións Sindicais da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo convocan folga de 24 horas na sanidade pública da súa área para o día 25 de marzo.

A esta folga están chamadas todas e todos os profesionais de Atención Primaria, do CHUVI e máis de Galaria.

A convocatoria realizase en apoio á Manifestación que convoca a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo, na que se fai un chamamento a toda a cidadanía a saír a rúa a defender á Sanidade Pública.

Todas e todos coñecemos as consecuencias da Privatización:

Abandono de valores fundamentais da Sanidade Pública: Universalidade, equidade, gratuidade, carácter redistributivo, planificado por necesidades e participativo.

Incremento  da irracionalidade e da desigualdade sanitaria.

Limita a colaboración entre niveis e centros (competencia).

Impide a planificación sanitaria.

Aumenta o gasto sanitario sen mellorar resultados.

Aumenta o gasto burocrático e administrativo.

Marxina á Atención Primaria.

Potencia a medicina especializada que utiliza de xeito intensivo (e moitas veces innecesario) recursos de alta tecnoloxía e elevado prezo.

Reduce e Precariza os postos de traballo para abaratar custos.

 

PLATAFORMA CONTRA A PRIVATIZACIÓN DE PONTEVEDRA

ACTO PÚBLICO INFORMATIVO DA PLATAFORMA CONTRA A PRIVATIZACIÓN E POLO HOSPITAL ÚNICO DE PONTEVEDRA, O MARTES 2 DE MARZO, AS 20H, EN CAIXANOVA.

Pontevedra comeza unha campaña contra o modelo neoliberal. Xornal de Galicia, 28/02/2010.

El frente pro Montecelo advierte que con el nuevo hospital está en juego el sistema público de salud. Expondrán en Caixanova cómo la privatización de la sanidad deteriora la calidad asistencial. Faro de Vigo, Ed. Pontevedra, 28/02/2001

Dos expertos “desnudarán” el sistema de Monte Carrasco. Diario de Pontevedra, 28/02/2010

Máis información en: www.unicoepublico.com

 

CONTRA A PRIVATIZACIÓN

Documento contra a Privatización da Sanidade Pública, centrado no Novo Hospital de Vigo, presentado na Asemblea de delegadas e delegados de tódolos sectores da CIG do 4 de febreiro de 2010 en Vigo.

 

NOVAS DE PRENSA

Unha 'gran manifestación'  para reclamar un hospital 'público' en Vigo. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, sindicatos e traballadores da área sanitaria de Vigo convocaron hoxe unha 'gran manifestación', que terá lugar o 25 de marzo e partirá de Vía Norte, para reclamar que o novo hospital de Vigo teña un financiamento e unha xestión 'pública' e se garanta así unha asistencia médica 'de calidade'. A nosa terra. 09/02/2010

  Colectivos sanitarios de Vigo reclaman un hospital "público". La Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, sindicatos y trabajadores del área sanitaria de Vigo convocaron hoy una manifestación que se celebrará el próximo 25 de marzo. Xornal.com 09/02/2010

EN PONTEVEDRA E VIGO. Outro paso adiante cara ao financiamento privado da sanidade. O Consello da Xunta anulará oficialmente a ampliación do hospital de Montecelo. Mentres, colectivos de Vigo chaman a manifestarse pola xestión pública. Vieiros 09/02/2010

La empresa se cuela en la sanidad pública. De los 45 hospitales de titularidad autonómica inaugurados en los últimos cinco años, 17 tienen gestión privada.  Público.es 08/02/2010

 

INTERESANTE ARTIGO DE SALLY RUANE

 A INICIATIVA DE FINANCIACIÓN PRIVADA E O NHS.  Sally Ruane

Sally Ruane. Subdirectora do Centro de Investigación Política de Sanidade, Universidade  Montford de Leicester (Reino Unido)

INTRODUCIÓN
A crise de confianza no Estado de benestar que seguiu á conmoción económica producida polo aumento do prezo do petróleo durante os anos 70 así como o desprestixio das teorías keynesianas como método de xestión macroeconómica, provocou a aparición de múltiples defensores do mercado libre como solución para afrontar tanto os problemas recorrentes como os que ían aparecendo en materia de benestar (Pierson, 1998). Ao mesmo tempo, o abandono do réxime de cambio fixo e do control do capital obrigou a unha reorientación da economía no Reino Unido. A reacción política do goberno conservador de Margaret Thatcher para ser máis competitivo foi atraer capital pero non para conseguir man de obra altamente cualificada ou mellores infraestruturas senón para conseguir unha redución no gasto dos servizos públicos.

  Ler Máis 

ENTREVISTA A SALLY RUANE EN PÚBLICO.ES

"La calidad asistencial baja con la privatización"

 

CONSTITUÍDA PLATAFORMA CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE EN PONTEVEDRA

A CIG de Pontevedra xa aprobara no seu V Congreso unha resolución neste sentido e CCOO prefire quedar á marxe.

Constituída a Plataforma contra a privatización da Sanidade e polo Hospital Único de Pontevedra

O pasado luns día 1 de febreiro constituíase a Plataforma contra a Privatización e polo Hospital Único de Pontevedra da que forman parte asociacións de veciños, organizacións sindicais, políticas, concellos e a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Só CCOO decidiu quedar á marxe. A plataforma fará a súa presentación pública no café Moderno o próximo día 11 de febreiro. 04/02/2010

 

INÍCIANSE AS MOBILIZACIÓNS CONTRA A PRIVATIZACIÓN EN VIGO

A Comisión de Centro do CHUVI convoca asembleas e mobilizacións contra a privatización do Novo Hospital.

Outro éxito mais de participación na concentración que se celebrou o xoves 4 de febreiro no Hospital do Meixoeiro para protestar contra a privatización do novo hospital de Vigo. Unhas 800 persoas participaron nesta protesta que percorreu os arredores do hospital e que logo se dirixiu cara as dependencias da dirección do centro. 04/02/2010

Preto de 2000 persoas participaron o martes 2 de febreiro na concentración-manifestación celebrada no hospital xeral de Vigo. A gran participación demostra a sensibilización que o persoal ten en contra da privatización de servizos na sanidade publica. 02/02/2010

 

CONFIRMADA A PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO

Confírmase a agresión á sanidade pública e aos dereitos da cidadanía. Gañan os intereses privados, perde o conxunto da sociedade. 

Diante do anuncio do plan de viabilidade económico financeira do novo hospital de Vigo, a Agrupación Médica de CIG-Saúde quere manifestar o seu mais rotundo desacordo co modelo empregado para o financiamento da construción, que condicionará a xestión do mesmo, poñendo nas mans dos intereses privados a xestión dos servizos non sanitarios. 22/01/2010

Desafiando aos traballadores e traballadoras e ao conxunto da cidadanía o SERGAS confirma a privatización do Novo hospital de Vigo coa posta en marcha da Exposición pública do novo Hospital de Vigo, e coa publicación dos documentos:

Estudio de viabilidade económico-financeira da concesión de obras públicas para a redacción do proxecto, financiamento, construción e explotación de determinados servizos non clínicos complementarios.

Réxime de Utilización e Explotación da Obra.

 

 O COPAGO SANITARIO

Un artigo de VICENÇ NAVARRO.

Estase a espallar a idea de que se o paciente tivera que pagar por ser atendido no sistema sanitario, pensaríao dúas veces antes de ir ao médico, reducindo as visitas ás estritamente necesarias.

  “O problema non é o abuso dos servizos sanitarios por parte de la poboación, senón o deseño da atención primaria sanitaria, que sobrecarga ao médico con responsabilidades que noutros países realizan outro tipo de profesionais, como os de enfermaría ou persoal administrativo. ...

  En realidade, o que está ocorrendo é que se pide ao usuario que cubra os grandes déficits de fondos do Estado, resultado da escasa carga impositiva das rendas superiores (segundo a Comisión Nacional do Mercado de Valores, o salario medio dos directivos das empresas que cotizan en Bolsa é de 56.250 euros ao mes) e do enorme fraude fiscal entre esas rendas, que teñen unha carga fiscal sensiblemente inferior ao promedio da UE-15.” Público, 07/01/2010.

 

MANIFESTACIÓN EN VIGO, XOVES 29 DE 0UTUBRO

Impresionante manifestación da cidadanía en defensa da Sanidade Pública.

Máis de 15.000 persoas nas rúas de Vigo para reclamarlle ao goberno do Partido Popular unha sanidade pública de calidade e un Hospital público para a cidade.

A Manifestación supón o inicio das mobilizacións contra ás intencións do Partido Popular de privatizar a Sanidade Pública.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde apoia a Manifestación convocada en Vigo para o xoves, 29 de outubro, e invita a tódolos profesionais e á cidadanía a participar nela. 28/10/2009

Folla informativa                   Díptico                  Cartaz   

Hospital de Vigo, público ou privado?

Artigo de opinión de Ramón Veras Castro, médico de familia, no Xornal de Galicia do día 27 de outubro de 2009

Máis de 300 profesionais do CHUVI asinaron xa esta carta dirixida á sociedade Viguesa.

“Quen esta carta subscribimos temos a responsabilidade da atención especializada dos habitantes de Vigo e da súa gran área sanitaria e á súa saúde dedicamos os nosos esforzos e os nosos coñecementos....”

 

RECORTES NO NOVO HOSPITAL DE VIGO

A Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Vigo convoca unha manifestación para o 29 de outubro en Vigo.  "A privatización prexudica a túa saúde. Hospital Público xa"

O martes 30 de setembro tivo lugar unha rolda de prensa no local da Federación de Asociacións de Veciños/as Eduardo Chao para presentar a mobilización que o vindeiro 29 de outubro percorrerá as rúas de Vigo .  Ademais nesta comparecencia diante dos medios de comunicación analizouse a visita da Conselleira de Sanidade na xornada anterior, “que o que pretendía era confundir e desmobilizar”.

O Plan funcional da área de Vigo aínda non foi presentado nin ás comisións de Centro nin a Xunta de Persoal, so coñecemos os datos pouco claros que aportou a Conselleira na rolda de prensa, onde non concretou o modelo de financiación.

Do debuxo realizado, apreciase que o Novo Hospital perde o seu carácter de Hospital estratéxico para Vigo ao perder a unidade de investigación e ao recortar o Meixoeiro como centro de alta especialización en oncoloxía, ao ver reducido o número de camas á metade.

Tamén se mantén o concerto singular con Povisa, renunciando a que o Novo hospital sexa o de referencia para toda a poboación.   Mais información

O luns 28 de setembro a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas convocou unha rolda de prensa na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo para presentar o Plan Funcional da Área de Vigo

Diante da Dirección Provincial concentrámonos membros da Plataforma pola defensa da sanidade pública de Vigo para protestar  polas intencións privatizadoras e de recortes no Novo Hospital.

A Conselleira non contestou ás preguntas sobre o financiamento, aínda que deu por feito a “colaboración” de  capital privado. Na rolda de prensa estaban, de invitados, os máximos responsables de POVISA

Para o día seguinte estaba convocada unha rolda de prensa da Plataforma pola defensa da sanidade pública de Vigo para anunciar mobilizacións diante da información facilitada aos xefes de servizo do CHUVI de que o Novo Hospital contaría con 900 camas.

A Consellería de Sanidade descubre ás súas cartas e comunica aos Xefes de Servizo do CHUVI que pensa recortar de 1.400 a 900 as camas previstas para o novo Hospital. 23/09/09

O que viñamos anunciando como posibilidade confirmase deste xeito. O Hospital xa non será público, xa non será o Hospital estratéxico que dé resposta ás necesidades da área sanitaria de Vigo, e se manterá o concerto singular con POVISA, continuando cunha situación de desigualdade para a cidadanía.

Diante disto, os profesionais, especialmente os Xefes de Servizo que participaron no desenvolvemento do Plan estratéxico do Novo Hospital, non podemos permanecer calados. Temos que denunciar diante de toda a cidadanía que isto supón unha perda de calidade do proxecto que, ao final, sufriremos todos, profesionais e cidadáns.

Unha vez máis confirmase que a única beneficiada é a Sanidade Privada que pugna por tirar máis beneficios do “negocio” da enfermidade.

Ver nota de prensa da Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública   23/09/09

 

NOVO HOSPITAL DE VIGO

A CIG reclama a posta en marcha inmediata do proxecto do novo hospital de Vigo.

A central advirte á Consellaría que non vai tolerar a entrada de xestión privada no sistema público de saúde.   

A CIG reclamou á Xunta que poña en marcha os acordos pola saúde acadados en 2006, especialmente no referente á construción do novo hospital da área sanitaria de Vigo. Dende a CIG de Vigo e a Federación de Saúde desmentiron as afirmacións da Consellería de Sanidade, quen asegurou non dispor de cartos para levar adiante o proxecto, e criticouse que a administración pretenda facilitar a entrada de capital privado no SERGAS lanzando debates “estériles”. De igual xeito, advertiron que non descartan convocar mobilizacións sindicais e sociais se as obras non comezan ao longo deste ano.

Imaxe da rolda de prensa: Antonio Iglesias, secretario comarcal da CIG-Saúde de Vigo, María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, e Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo. 05/06/2009   Ler Máis 

 

A CONSELLEIRA E O NOVO HOSPITAL DE VIGO

Resumo de prensa do sábado 9 de maio 09/05/2009

A  Conselleira  declara que na Consellería de Sanidade  "non consta" diñeiro para as obras do Novo Hospital de Vigo.

A  Conselleira  de Sanidade Pilar Farjas declara,  tras reunirse en Vigo con Lucía Molares, delegada territorial da Xunta en Vigo, que na Consellería de Sanidade  "non consta" diñeiro para as obras do Novo Hospital de Vigo, aínda que garante que arrincarán este ano, sen aclarar o modelo de financiamento, público ou privado, “depende da viabilidade económica” dixo.

Co fin de clarificar a situación e que non intenten xustificar  a rebaixa no proxecto, e a privatización do financiamento e da xestión do Novo Hospital de Vigo, CIG-Saúde considera importante deixar claro cal era a súa situación real no momento do cambio de goberno:

Ler Máis 

 

A Conselleira de Sanidade continua a mandar mensaxes a opinión pública para xustificar a privatización da sanidade, entre mentiras e medias verdades intenta crear un estado de opinión que permita minimizar a resposta contra ás privatizacións. 11/06/2009

Pero os facultativos e facultativas do SERGAS non nos deixamos enganar, sabemos que pretende, e as gravísimas consecuencias de esa política, tanto para os profesionais como para os usuarios e usuarias.

A Conselleira de Sanidade ten que aclarar dunha vez se quere que os novos hospitais se manteñan, tanto na xestión como na financiación, no ámbito da sanidade pública.

Xa é hora de rematar coas ambigüidades e medias verdades, é hora de apostar clara e decididamente pola sanidade pública ou pola contra, dicir claramente que se aposta pola privatización da sanidade, convertendo o dereito á saúde nun negocio duns poucos.

Queremos deixar claro que, se o Partido Popular segue coa súa “folla de ruta” de privatizar a sanidade, CIG-Saúde e a súa Agrupación Médica promoverán accións de concienciación na sociedade para que se entenda a gravidade destas medidas e a necesidade de utilizar tódolos recursos democráticos para impedilas.

A Sanidade Pública é unha conquista básica do estado de benestar e o Partido Popular debe saber que non renunciaremos a ela.

Acordo da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública Galega

AgM

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org