productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Sectarismo e irresponsabilidade do SERGAS no retorno ao servizo activo Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xuño 2011 17:50

ana_pastormaria-mendezSe Ana Pastor, médico de familia, ou Francisco Villar, cirurxián, se reintegraran á actividade profesional despois dos anos que levan sen exercer, faríanlles o mesmo que a María Méndez, e so lles darían 1 mes para reciclaxe?


SECTARISMO E IRRESPONSABILIDADE DO SERGAS NO REINGRESO DUNHA FACULTATIVA AO SERVIZO ACTIVO TRAS OCUPAR UN CARGO PÚBLICO.


Tras ocupar cargos de representación pública, xa sexa no mundo sindical ou político, aos profesionais sanitarios se lles recoñecía un período equivalente a un mes de reciclaxe por ano de exercicio do cargo electo, afastado do exercicio profesional activo, cun máximo de cinco meses.


Este tempo non é un privilexio destes profesionais, é un  dereito dos pacientes a ser atendidos por profesionais coa formación actualizada, e é, tamén, un dereito da sociedade a que profesionais cualificados do ámbito sanitario dediquen un tempo da súa vida ao servizo á cidadanía en funcións de representación política ou sindical.


Esta situación non está especificamente regulada no SERGAS, polo que até este momento se lle aplicaba a que está recollida no artigo 62 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para cargos directivos do SERGAS.


Durante anos producíronse incorporacións de facultativos tras ocupar cargos políticos ou sindicais, que deixaron a actividade asistencial sabendo que, no seu retorno, terían un tempo para realizar a reciclaxe necesaria.


No último mes, e trala solicitude de reingreso da ex-concelleira María Méndez Piñeiro, médica especialista en Medicina Interna afiliada á CIG, ao servizo de Medicina Interna do CHUVI, ao que pertence, esta situación mudou.


A dirección do Complexo Hospitalario decide que o que se aplicaba a outros e outras na mesma situación xa non vale, que como non está regulado non ten a obriga de recoñecer ese permiso para reciclaxe.


A Dirección do SERGAS ratifica esta posición e dí que emitirá unha instrución para regular esta situación, na que non se recoñecerá o permiso para reciclaxe para un tempo concreto, senón que quedará ao criterio da Dirección correspondente. Para xustificar o sectarismo sacarán unha regulación “a posteriori”.


Con estas medidas están privando aos profesionais asistenciais do ámbito da sanidade do seu dereito á participación política e sindical, e están privando á sociedade das súas aportacións, xa que por responsabilidade ningún facultativo deixará a súa actividade se non ten garantido un tempo mínimo de reciclaxe ao seu regreso.


A Agrupación Médica de CIG-Saúde solicita do SERGAS que, pensando nos pacientes, na coherencia do sistema e nos dereitos das e dos profesionais, non adopte medidas sectarias e irresponsables.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info