productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Elementos centrais do CPV Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xuño 2011 19:41

Os elementos centrais da posición sobre o Complemento de Produtividade Variábel (CPV) da Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG).


 

A sensatez e a negociación, e non a imposición, deben ser o fío condutor da negociación do CPV. Na AgM-CIG temos posicións claras sobre que defender nesa negociación. Nos puntos que seguen explicitamos os elementos centrais da posición de CIG-Saúde sobre o CPV dos facultativos.

 


 

1.- O SERGAS ten que respectar escrupulosamente o establecido, en sentenzas firmes, polo Tribunal Superior de Xustiza quen afirma sen ambigüidades que a  sinatura do documento de obxectivos non é obrigatoria, e que polo tanto os profesionais que non asinen os obxectivos non deben ser tratados de modo discriminatorio en relación cos profesionais que os asinen. O que quere dicir:

a) que os profesionais que non asinen os obxectivos manteñen o seu dereito

- ser avaliados,

- ser retribuídos en función do grao de cumprimento dos mesmos, e

- percibir os adiantos mensuais establecidos na normativa que regula a percepción do CPV.

b) que é obriga legal do SERGAS respectar eses dereitos, pois non facelo supón non respectar con premeditación, o establecido en sentencias firmes e con doutrina unificada polos tribunais de xustiza.


2.- O SERGAS debe responder con prontitude a todas as reclamacións presentadas polos profesionais en relación co cumprimento e abono do CPV-2010, e debe reavaliar o cumprimento dos obxectivos do 2010 de todos aqueles profesionais que non cobraron o 100% do CPV-2010 e exista evidencia de que o sistema de avaliación que lles foi aplicado era claramente inadecuado ás condicións concretas nas que desenvolveu o seu traballo o facultativo afectado: obxectivos cuxo cumprimento non depende no fundamental dos facultativo avaliado; obxectivos cuxos indicadores non foron claramente explicitados; obxectivos relacionados coa presión a prol da prescrición electrónica e o uso de xenéricos nun contexto confuso (pola sobrecarga asistencial asociada entre outras cousas á ausencia de substitucións, á prescrición inducida, etc); uso dun indicador de prescrición de xenéricos claramente inaxeitado en moitas circunstancias (debido a súa absurda fórmula de cálculo); ... .


3.- Debe convocarse xa a Mesa Sectorial para negociar o CPV. Este complemento forma parte das retribucións dos facultativos, e os criterios en base aos que se establecen esas retribucións variabeis teñen que ser debatidos na mesa sectorial. Ademais, no Decreto 226/96 afírmase “a fixación dos criterios, pautas ou ambos para a determinación dos obxectivos do que se derive a percepción do citado complemento (o CPV) será efectuado polo SERGAS, logo das negociación coas centrais sindicais”. O argumento empregado polo SERGAS de que a fixación dos obxectivos e o pagamento do CPV entra dentro do terreo exclusivo da xestión, e de que,polo tanto non ten nada que negociar cos sindicatos, é falso e ilegal.


4.- CIG-Saúde defende a creación dun Grupo Técnico, emanado da Mesa Sectorial, que elabore unha proposta de CPV (obxectivos, indicadores, ...) que poida ser consensuado pola administración e as organizacións sindicais. O documento inicial elaborado polo Grupo Técnico tería que ser debatido e, coas modificacións oportunas, consensuado e aprobado pola administración e as organizacións sindicais da Mesa Sectorial. Logo ese documento sería concretado e consensuado entre profesionais afectados e as xerencias das distintas áreas sanitarias. CIG-Saúde defende o necesario avance da cultura da eficiencia e do traballo por obxectivos entre os facultativos da sanidade pública, mais ten ben claro que ese avance será moito máis difícil se o SERGAS sigue empeñándose en usar a vía impositiva e non participativa na elaboración dos obxectivos do CPV.


5.- Os criterios de avaliación que se aproben deberán ter en conta a implicación, o esforzo e a calidade que aporta un profesional na atención ao paciente, e estarán adaptados á situación concreta de cada profesional. Para cada grupo de profesionais, segundo a súa categoría e/ou especialidade, debe haber uns obxectivos propios que midan a actividade realizada polo profesional dese grupo.


6.- O cumprimento dos obxectivos por parte dun profesional deberán depender so do seu traballo. Non é aceptábel que se inclúan indicadores globais de área de saúde; estes poden ser obxectivos das xerencias mais non dos profesionais que, alén do seu propio traballo, non teñen ningunha responsabilidade directa no seu cumprimento,


7.- Os obxectivos que se establezan deben ter perfectamente definidos os seus compoñentes (numerador e denominador) sen ningún tipo de ambigüidade. Os métodos de medida destes compoñentes deben ser coñecidos e aceptados polos profesionais, e as ferramentas informáticas utilizadas para a súa elaboración deben ser accesíbeis para a súa avaliación polos sindicatos da mesa sectorial, ao través do grupo técnico emanado da mesa sectorial.


8.- A avaliación do cumprimento de obxectivos so debe afectar ao período do ano posterior ao momento en que son definitivamente presentados pola Dirección aos facultativos do servizo, unha vez concluído o proceso de debate sobre eles. Isto quere dicir que, no ano 2011, só deben de ser obxecto de avaliación o período de xullo a decembro.


9.- Non deben existir criterios excluíntes no CPV, cuxo non cumprimento parcial ou total impida a avaliación dos demais obxectivos. A Carreira Profesional (CP), hoxe paralizada, está intimamente conectada ao CPV, e a existencia de obxectivos excluíntes para a percepción deste complemento, pode ter graves consecuencias futuras a efectos da CP do facultativos que non cumpran eses obxectivos excluíntes, e sobre as que semella que a administración non ten reflexionado dabondo, como é que o ano de traballo non computará a efectos de CP para os profesionais que non supere no 75% da avaliación do CPV.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info